O kwacha ou kwacha zambiano (en ) é a moeda oficia de Zambia e é emitida polo Bank of Zambia (Banco de Zambia). O seu código ISO 4217 é ZMK e o seu símbolo é ZK para diferencialo do kwacha de Malawi. Subdivídese en 100 ngwee.

Etimoloxía O nome da moeda deriva da palabra das linguas chewa e bemba para "alborada", aludindo ao eslogan nacionalista zambiano para unha nova alborada de liberdade. A palabra ngwee significa "brillante" en chewa.

Historia O kwacha comezou a emitirse en 1968 para substituír a libra zambiana a razón de 2 kwacha por cada libra. En decembro do 2008. A moeda sufriu unha forte inflación. En 1968 un kwacha valía 1.2 dólares estadounidenses, mais o seu valor no 2006 con respecto ao dólar estadounidense era dun dólar por cada 4800 kwacha.

No 2003 Zambia foi o primeiro estado de África en introducir os billetes de polímero, concretamente os billetes de 500 e 1000 kwacha.

A principios do 2009 o kwacha zambiano era a oitava moeda de valor máis baixo do mundo.

Véxase tamén Ligazóns externas Banco de Zambia

Zambia Categoría:Zambia Categoría:ISO 4217