Eloy Artime Pérez, nado en Padrón o 30 de outubro de 1872 e finado en Compostela o 28 de maio de 1929,Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 29-5-1929, p. 9. foi un comerciante galego.
Traxectoria Quedou orfo con 12 anos e buscou emprego como dependente en Santiago. Con 20 anos estableceu un bazar na rúa da Caldeirería. En 1902 casou no pazo arcebispal de Lestrobe con Camila Astray, filla do médico de Lestrobe, oficiando a cerimonia Salustiano Portela Pazos.
Foi un cualificado representante da opinión pública en Padrón e en Santiago, ocupando importantes cargos, como portavoz da Defensa do Progreso de Padrón, presidente da Liga de Amigos de Santiago e socio fundador da Sociedad de Amigos del país. Formou parladoiro entre outros con Valle Inclán, Raimundo López Pol, o doutor Devesa e Portela Pazos, entre outros.
A súa inclinación política era republicana, sendo directivo do Centro Republicano de Santiago.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Pequena biografía
Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos