O ambakich ou aion é a lingua papúa que fala en Papúa-Nova Guinea o pobo aion.

Falantes 770 dun grupo étnico de 1.964 persoas (2003)

Distribución xeográfica Os aion viven en 7 aldeas do distrito de Angoram, no norte da provincia Sepik do Leste. A aldea de Yaut localízase na ribeira do río Keram, mentres as outras seis (Aguran, Oremai, Ombos, Akaian, Arango e Pangin) na ribeira do río Porapora.

Arango e Pangin falan o coñecido como dialecto do norte, as outras aldeas falan o dialecto do sur.Margaret Potter et al. The Sociolinguistic Situation of the Ambakich Language, SIL, 2008

Usos sociais Os aion maiores de vinte anos son bilingües co tok pisin, mentres a maioría dos nenos só teñen coñecementos pasivos de ambakich.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O ambakich no Ethnologue

Categoría:Linguas papúas Categoría:Linguas de Papúa-Nova Guinea