Lois Pérez Castrillo, nado en Vigo en 1961, é un político galego.
Traxectoria alt=Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020.|miniatura|Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020. Estudou Maxisterio na Escola de Maxisterio de Vigo. Afiliouse ao BNG en 1986. Foi elixido concelleiro nas eleccións municipais de 1991 e nomeado concelleiro de Participación Cidadá no goberno de coalición do socialista Carlos González Príncipe, etapa na que se elaborou o Regulamento de Participación Cidadá.
En 1999 foi elixido alcalde cos votos a favor do BNG (8) e PSdeG (7). Nesa época tivo moitas discusións co portavoz socialista, Carlos Príncipe. Nas eleccións municipais de 2003 o BNG acadou 7 concellarías e o socialista Ventura Pérez Mariño foi elixido como alcalde. Lois Castrillo abandonou a política municipal en 2005. Durante o goberno bipartito (2005-2009) ocupou cargos na Xunta, como a xerencia do Consorcio de Benestar. Foi tamén titular dunha consultoría privada.
Entre 2021 e 2023 traballou na Vicepresidencia da Deputación de Pontevedra como persoal eventual de libre designación, de Asesor de Proxectos Europeos Tranfronteirizos. A partir de 2023 foi tamén responsable da área municipal do BNG.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Vigo Eleccións municipais de 1999 en Galicia
Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1961