Rosa Méndez Fonte, nada en Ferrol en 1957, é unha escritora galega en galego e castelán.

Traxectoria Doutora en Humanidades e especialista en Patrimonio e Sociedade pola Universidade da Coruña, traballa actualmente como investigadora na Universidade Fernando Pessoa de Porto.

Obra en galego Poesía Poemas anobelados no tempo, 2001, Espiral Maior. O raio verde, 2005, Espiral Maior.

Ensaio A antiga igrexa parroquial de San Xulián de Ferrol, 2000, Centro Ártabro de Estudios. Ferrol. Patrimonio e Sociedade, 2010, Sociedad de Cultura Valle-Inclán.

Obras colectivas Poesía na noite, 1998, Concello de Caldas de Reis. O patrimonio e a cultura proxectual, 2000, Deputación de Lugo. Con Xosé Leira López. Ensaio. A cidade como pretexto. Estratexias patrimoniais, 2002. Con Xosé Leira López. Deputación de Lugo. Ensaio. Alma de beiramar, 2002, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Poesía. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Poesía. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico. Poesía. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Poesía. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Poesía.

Obra en castelán Narrativa De un tiempo atrás, 1990. Las horas guardan sombras, 1993.

Ensaio La conservación de los monumentos arquitectónicos en Galicia (1840-1940), 2010, Edicións Embora.

Premios en castelán Premio Galiena do Concello de Toledo no 1993, por Las horas guardan sombras. VI Premio Concepción Arenal de Humanidades, por La conservación de los monumentos arquitectónicos en Galicia (1840-1940).

Véxase tamén Ligazóns externas Blog da autora

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1957