A Asociación de Estados Iberoamericanos para o Desenvolvemento das Bibliotecas Nacionais de Iberoamérica (ABINIA) é a asociación de bibliotecas nacionais de Iberoamérica. Fundada en México o 14 de decembro de 1989 como a Asociación de Bibliotecas Nacionais de Iberoamérica, cambia ao seu actual nome en 1999, mantendo as súas siglas orixinais. As linguas oficiais da ABINIA son o español e o portugués. Os seus obxectivos son recompilar información dos seus integrantes; realizar xestión sobre a importancia de preservar o patrimonio bibliográfico; adoptar estratexias, políticas e capacitación na preservación das coleccións; adoptar medidas técnicas de control bibliográfico e intercambio de materiais, elaborar fontes de referencia nacionais e rexionais; vincular as bibliotecas nacionais e rexionais.

A súa estrutura é: Asemblea Xeral, integrada polas institucións asinantes do Acta Constitutiva da ABINIA; Consello de Directores, son seis membros designados pola Asemblea cun mandato de 2 anos; e Secretaría Executiva, electo por maioría de dous terzos pola Asemblea por dous anos. A súa reelección realízase por maioría absoluta da Asemblea.

Membros +Membros de ABINIA País Nome Ano de creaciónBiblioteca Nacional da Arxentina 1810Biblioteca Nacional de Bolivia 1825Biblioteca Nacional do Brasil 1810Biblioteca Nacional de Colombia 1823Biblioteca Nacional Miguel Obregón Lizano de Costa Rica 1888Biblioteca Nacional José Martí de Cuba 1901Biblioteca Nacional de Chile 1818Biblioteca Nacional de Ecuador NDBiblioteca Nacional de España 1712Biblioteca Nacional de Guatemala 1879Biblioteca Nacional de Honduras 1880Biblioteca Nacional de México 1833Biblioteca Nacional Rubén Darío de Nicaragua 1880Biblioteca Nacional Ernesto J. Castillero R. de Panamá 1942Biblioteca Nacional de Paraguai 1887Biblioteca Nacional do Perú 1821Biblioteca Nacional de Portugal 1796Biblioteca Nacional de Porto Rico 1967Biblioteca Nacional da República Dominicana NDBiblioteca Nacional do Salvador 1870Biblioteca Nacional do Uruguai 1815Biblioteca Nacional de Venezuela 1833

Véxase tamén Asociación de Academias de la Lengua Española

Ligazóns externas Sitio de ABINIA

Categoría:Organizacións internacionais