Manuel Costa Casares, nado en Agolada en 1934 e finado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 2014, foi un político galego do PPdeG que foi 26 anos alcalde de Agolada.
Traxectoria Rexentaba unha empresa de transporte de viaxeiros e mercancías. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD, obtendo cinco concelleiros, por seis de Alianza Popular, un de UG e outro do PSdeG. Os concelleiros de UG e PSdeG pactaron con UCD e permitiron gobernar a Manuel Costa. Nas eleccións de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Independientes de Galicia (CIG) obtendo a maioría absoluta. Nas municipais de 1987, nas que se presentou polo PPdeG, volveu revalidar a maioría absoluta, que repetiu nas sucesivas eleccións. En novembro de 2005 decide abandonar a alcaldía, sendo substituído polo seu xenro Ramiro Varela Peón.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Agolada
Categoría:Alcaldes de Agolada Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes