A Confederación Suramericana de Patín ou CSP é unha organización independente recoñecida pola Fédération Internationale de Roller Sports que agrupa ás federacións de patinaxe artística, hóckey a patíns e patinaxe de velocidade de Suramérica. Foi creda en 1954 e actualmente está composta por dez federacións, das cales nove son membros de pleno dereito e unha, a catalá é membro adherido. Membros A CSP contempla a posibilidade de acoller membros de pleno dereito e membros adheridos. Mentres que os primeiros teñen voz e voto, os segundos unicamente teñen voz para expresar os seus puntos de vista, mais non poden exercer o voto na toma de decisións.

Membros de pleno dereito Arxentina (Confederación Argentina de Patín) Brasil (Confederaçao Brasileira de Hóquei e Patinaçao) Chile (Federación Chilena de Hockey y Patín) Colombia (Federación Colombiana de Patinaje) Ecuador (Federación Ecuatoriana de Hockey y Patín) Panamá (Asociación Panameña de Patinaje) Paraguai (Confederación Paraguaya de Patinaje) Uruguai (Federación Uruguaya de Patín) Venezuela (Federación Venezolana de Patinaje)

Membros adheridos Cataluña (Federació Catalana de Patinatge)

Presidentes ???-2007: Ernesto Cajaravilla 2007-...: Armando Quintanilla

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial de la Confederació Sud-americana del Patí

Categoría:Organismos americanos de hóckey a patíns