A Unión Deportiva Almería B é un club de fútbol español da cidade de Almería. É o primeiro equipo filial da Unión Deportiva Almería. Foi fundado en 2001 e xoga na Segunda División B de España.

Historia

A tempada 2007-2008 comeza, da man de Rafa Berges, en postos de descenso, nos que se mantén durante toda a primeira volta. A destitución do adestrador e a chegada de Alfonsín fan que o equipo realice un magnífica segunda volta, saíndo do descenso e, finalmente, acabando a tempada en oitava posición.

Para a seguinte tempada (2008-2009), o club ponse como obxectivo o ascenso á Segunda División B. Para iso, renovan case por completo o persoal e contratan como adestrador a Carlos Ríos, que asina por dous anos. Durante toda a tempada mantéñense entre os catro primeiros na táboa de clasificación, terminando en segunda posición con 68 puntos a tan só 3 puntos do primeiro clasificado.

Xogan a primeira fase da liguiña de ascenso co Real Ávila. En Ávila, o resultado do partido é un empate a cero e, en Almería, un empate a un que fai pasar de rolda ao equipo avulense e, polo tanto, deixa ao Almería B sen o soño de alcanzar a Segunda B.

Tras a decepción, o equipo técnico decide destituír a Carlos Ríos do seu cargo de adestrador e volver renovar o persoal. Para o posto de adestrador elixen a Constantin Galca.

Tras non poder ascender na promoción, eliminado polo CE L'Hospitalet, ascende grazas ao descenso administrativo do CF Atlético Ciudad.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta branquivermella, pantalón vermello e medias branquivermellas. Uniforme alternativo: Camiseta negra con indalo vermello, pantalón negro e medias roxinegras. Terceiro uniforme: Camiseta laranxa con detalles azuis, pantalón azul e medias de cor azul e laranxa.

Estadio O Estadio Municipal Juan Rojas foi inaugurado en 1976 co nome de estadio Franco Navarro. O seu aforamento é de 13.648 espectadores (5.468 sentados e 8.000 de pé). Está situado no barrio almeriense de Torrecárdenas.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 3 Tempadas en 3ª: 8 Tempadas en Rexional: 1

Historial na liga TempadaCategoríaPosto2001/02Rexional—2002/033ª9º2003/043ª9º2004/053ª15º2005/063ª9º2006/073ª11º TempadaCategoríaPosto2007/083ª8º2008/093ª2º2009/103ª4º2010/112ªB13º2011/122ªB13º2012/132ªB—

Xogadores Cadro 2010/11

Palmarés Torneos nacionais Subcampión da Terceira División (1): 2008-09

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:UD Almería Almeria B Almería B