Esperanza Luz Mariño Davila, nada en Santiago de Compostela o 15 de abril de 1963, é unha ensaísta e tradutora galega, profesora xubilada.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como profesora en diversos Institutos de Ensino Secundario, como o IES de Sar, Santiago de Compostela.
Como investigadora, ten publicado artigos sobre lingua, literatura e crítica literaria en diversas revistas, tales como Festa da Palabra Silenciada, Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca da UNED, Dorna e A Freita (da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias). Tamén participou como relatora en múltiples Congresos, Xornadas e Encontros, dentro e fóra de Galiza. Durante os anos noventa foi a representante galega na Fédération Européenne des Maisons de Pays (na defensa das linguas e culturas minorizadas de Europa). Ten colaborado tamén coas revistas Lletres Asturianes e Lliteratura.
Obras
Poesía
A pousa da libélula (2024). A Coruña: Medulia. 67 páxs. ISBN 978-84-19438-99-7. Haikus con tradución ao xaponés de Takekazu Asaka. O albor e a auga/Akebono Soshite Mizu No Nagare (2026). Companha Ed. ISBN 979-13-992400-3-0. Haikuario.
Ensaio
A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo (2021). Vigo: Xerais. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-838-8. ePub: ISBN 978-84-9121-831-9. As escumas da letra. Biografía de Luísa Villalta (2024). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-9995-445-5. Fíos de transparencia acesa. Narrativa, poesía e tradución en Xosé Manuel Beiras (2025). Santiago: Laiovento. 240 páxs. ISBN 978-84-8487-419-6.
Edicións Da emigración, de Antonio Paz Míguez (1936). edición facsímile en 1993, Concello da Pobra do Caramiñal. A vida sempre e sobre todo, de Crisanto Veiguela (2001).. Dicionario María Mariño (2007). TresCtres. Dicionario Uxío Novoneyra (2010). TresCtres.
Traducións Historia universal de Paniceiros, de Xuan Bello (2008,).Positivas. Do asturiano para o galego. Los nomes de la tierra. Os nomes da terra, de Xuan Bello (2010, Positivas). Do asturiano para o galego. Avó Ismail (Güelo Ismail), de Esther Prieto (2011) Sotelo Blanco. Do asturiano para o galego.
Obras colectivas Eduardo Blanco Amor, 1988, Concello de Boiro. Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte, 1999, Ediciós do Castro. Homenaxe a Uxío Novoneyra. Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, 2006, Xerais. A Coruña á luz das letras'', 2008, Trifolium.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1963 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do asturiano