O alto sorbio ou alto sorabo (hornjoserbšćina) é unha lingua minoritaria de Alemaña, falada na histórica provincia de Alta Lusacia (en sorbio Hornja Łužica), actualmente parte do land de Saxonia. É unha das dúas variantes da lingua sorbia, que forma parte das linguas eslavas occidentais, moi similar ao checo.
Segundo datos do Ethnologue, falábano 15.000 persoas no 1996, dunha poboación duns 100.000. Ensínase nas escolas primarias, teñen programas de radio e televisión e moitos libros, como a tradución da Biblia desde 1728. O alto sorbio está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en alto sorbio Baixo sorbio
Categoría:Linguas sorbias Categoría:Linguas eslavas Categoría:Linguas de Alemaña