Bárcena de Pie de Concha é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España), localizado no Val de Iguña. Limita polo sur con Pesquera, Santiurde de Reinosa e San Miguel de Aguayo, polo norte e leste con Molledo e polo oeste con Hermandad de Campoo de Suso e Los Tojos.

Xeografía

O municipio está na vía de paso cara a meseta máis transitada historicamente e por onde se trazaron infraestruturas como o ferrocarril e a autovía Cantabria - Meseta. Conserva en bo estado un tramo da chamada "calzada romana" entre Bárcena de Pie de Concha e a localidade de Pesquera e que presumiblemente formaba parte da vía que comunicaba Portus Blendium (actual Suances) con Segisamo (Sasamón). Algunha fonte pon en dúbida a súa orixe romana e data a súa construción no século XVIII.

Localidades Os 787 habitantes (INE, 2008) de Bárcena de Pie de Concha, distribúense nas seguintes localidades: Bárcena de Pie de Concha (Capital), 607 hab., dos cales 9 están en poboamentos diseminados. Pie de Concha, 104 hab. Pujayo, 76 hab. Montabliz, deshabitado.

Bárcena de Pie de Concha é tamén o nome da capital do municipio. Localízase a 288 metros sobre o nivel do mar. No 2008 contaba cunha poboación de 607 habitantes (INE). Sitúase na faldra dunha elevada montaña e nas inmediacións da desembocadura do río Torina no río Besaya. Desde esta localidade pode ascenderse ao Pico Jano (1.288-1.290 msnm).

Patrimonio miniatura|dereita|Calzada romana de Bárcena de Pie de Concha(Cantabria), construída baixo Augusto e Tiberio polos soldados da Legio IV Macedonica entre Segisama Iulia (Sasamón) e Portus Blendium (Suances), para unir o val do Douro co Cantábrico.

Tres son os bens de interese cultural deste municipio: Rollo do termo municipal de Bárcena de Pie de Concha, con categoría de monumento Camiño Real de Las Hoces, que vai desde este municipio até Pesquera, tamén con categoría de monumento. Calzada romana do val do Besaya, con categoría de zona arqueolóxica e que afecta, ademais, aos municipios de Pesquera e Molledo. O percorrido pode emprenderse desde Pie de Concha, que se atopa a un quilómetro de Bárcena, pola estrada de Pujayo; esta calzada romana unía Pisoraca (Herrera de Pisuerga) con Portus Blendium (en Suances).

Está clasificado como ben inmoble de interese local a igrexa de San Cosme e San Damián de Bárcena de Pie de Concha, que data da segunda metade do século XII). É un edificio de arquitectura románica popular. Ten unha espadana barroca e outros elementos de séculos posteriores. Son Benes Inventariados a igrexa de Pujayo e a de Pie de Concha.

Demografía

Administración

Nas seguintes táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.Resultados electorais do municipio (2003 e 2007)

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 314 48,99 % 4 PSOE 208 32,45 % 2 PRC 105 16,38 % 1

Alcalde electo: José Félix de las Cuevas González (PP).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 300 47,10 % 4 PSOE 202 31,71 % 2 PRC 113 17,74 % 1

Alcalde electo: José Félix de las Cuevas González (PP).

Economía Bárcena de Pie de Concha sufriu unha precoz industrialización desde comezos do século XX. Por un curto período de tempo, a empresa belga Solvay instalouse na vila de Bárcena, sobre o río Besaya. As súas instalacións foron adquiridas posteriormente por Electra de Viesgo que as transformou nunha central hidroeléctrica que segue actualmente en funcionamento.

No ano 1923 Electra de Viesgo inaugurou o salto de Torina e o encoro de Alsa. Esta obra foi ampliada en 1983 coa construción dun encoro superior en Jano e dunha central de bombeo. Todo o conxunto segue en plena actividade, sendo a principal fonte de riqueza do municipio.

Tamén nos primeiros anos do século pasado instaláronse na vila dúas pequenas industrias queixeiras, unha das cales deu orixe á industria láctea Leche Collantes, actualmente desaparecida, pero que canda unha fábrica de pensos, unha gran granxa avícola e unha macroganadería de vacas de leite, foron as fontes de emprego durante a segunda metade do século.

A isto cabe engadir os empregos xerados polo ferrocarril que atravesa o pobo e a proximidade das industrias de Los Corrales de Buelna. Trala guerra civil, a gandaría e a agricultura pasaron a ter un papel secundario na vida do pobo e hoxe carecen de relevancia.

Como a inmensa maioría dos pobos da zona, Bárcena é un municipio habitado por pensionistas e un pequeno número de traballadores que encontran fóra do municipio o seu posto de traballo. Tamén, aínda que ten unha pequena industria hostaleira, o turismo non ten gran relevancia no lugar.

Notas

Categoría:Concellos de Cantabria