The Apples in Stereo é unha banda estadounidense de indie rock asociada ao The Elephant Six Collective, un grupo de bandas onde tamén están incluídos Neutral Milk Hotel, The Olivia Tremor Control, Elf Power, Of Montreal, e Circulatory System. A banda é en gran parte produto do vocalista e guitarrista Robert Schneider, que compón a meirande parte da música e as letras do grupo. Na actualidade, The Apples in Stereo está composta por John Hill (guitarra), Eric Allen (baixo), Bill Doss (teclados), John Dufilho (batería), John Ferguson (teclados), e Ben Phelan (teclados/guitarra/trompeta), ademais de Schneider.
A súa música ten grandes doses de rock psicodélico semellante ao que facían os Beatles ou The Beach Boys durante os anos 60, tamén é comparada á de bandas como Electric Light Orchestra e Pavement, e tamén está inspirada no lo-fi, garage rock, new wave, R&B, bubblegum pop, power pop, punk, electro-pop e música experimental.
A banda é tamén ben coñecida pola súa aparición no video musical da serie de animación The Powerpuff Girls interpretando a canción "Signal in the Sky (Let's Go)". Emitiuse inmediatamente despois do sétimo episodio da tempada 4 do programa, "Superfriends", que estaba baseado na letra da canción. A banda apareceu amplamente en televisión e cine, con actuacións en The Colbert Report, Late Night with Conan O'Brien e Last Call with Carson Daly.
Discografía Álbum Ano Selo Fun Trick Noisemaker 1995 SpinART Records, Elephant 6 Tone Soul Evolution 1997 SpinART Records, Elephant 6 Her Wallpaper Reverie 1999 SpinART Records, Elephant 6 The Discovery of a World Inside the Moone 2000 SpinART Records, Elephant 6 Velocity of Sound 2002 SpinART Records, Elephant 6 New Magnetic Wonder 2007 Simian Records, Elephant 6, Yep Roc Records Travellers in Space and Time 2010 Simian Records, Elephant 6, Yep Roc Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de neopsicodelia Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de Colorado Categoría:Grupos musicais formados en 1992