TUSEM EssenNome do club Turn- und Sportverein Essen-Margarethenhöhe e.V. 1926Fundado1926PavillónSporthalle Margarethenhöhe, Essen-MargarethenhöheSportpark Am Hallo, EssenCapacidade3.0003.800Presidente Ulrich GaißmayerAdestrador Mark DragunskiLiga2. Handball-Bundesliga2009-10EquipamentosLocal Visitante O Turn- und Sportverein Essen-Margarethenhöhe e.V. 1926, abreviado TUSEM Essen ou tamén TuSEM Essen é un club polideportivo da cidade de Essen, Renania do Norte-Westfalia (Alemaña). Posúe seccións de fútbol, baloncesto, voleibol etc, aínda que a máis destacada é a súa sección de balonmán, cuxo primeiro equipo milita actualmente na 2. Handball-Bundesliga, a segunda categoría do balonmán alemán e que conta no seu palmarés con varios títulos nacionais e internacionais.

Historia O TUSEM Essen foi un dos mellores clubs alemáns dos anos '80, década na que gañou as súas tres ligas (1986, 1987, 1989), unha das súas tres copas (88, 1991, 1992) e a única Recopa de Europa coa que conta logo de derrotar ao CSKA Moscova. Debido a problemas financeiros, o club non puido disputar a máxima competición alemá no 2005, pasando a competir no campionato rexional (3ª división) a pesar da súa vitoria na Copa EHF.

Palmarés Títulos internacionais 1 Recopa de Europa: 1989 1 Copa EHF: 2005 1 City Cup: 1994

Títulos nacionais 3 Handball-Bundesliga: 1986, 1987 e 1989 3 Copas de Alemaña: 1988, 1991 e 1992

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do club Sitio web oficial da sección de balonmán do TUSEM Essen

TUSEM