Marcial Souto Tizón, nado na Coruña en 1947, é un escritor, tradutor e director de revistas e coleccións literarias galego. Traballou na Arxentina, España e o Uruguai. Traxectoria En 1969, mentres vivía no Uruguai, foi recomendado polo humorista gráfico Pancho Graells para dirixir a colección literaria xuvenil Literatura Diferente, da editorial Tierra Nueva. O primeiro libro que editou foi La ciudad de Mario Levrero"Una modesta aventura", artigo en El País, 11 de agosto de 2006 ., ao que lle presentara o propio GraellsEntrevista a Mario Levrero en La idea fija ..

Na década de 1970 viviu en Buenos Aires con Jaime Poniachik. En 1975 propuxéronlle a Andrés Cascioli a creación dunha revista de contos e artigos, pero o proxecto non saíu adiante por mor do rodrigazo. Entre outubro de 1976 e marzo de 1977 encargouse de La revista de ciencia ficción y fantasía, da que se editaron tres números. En 1977 fundou Ediciones Entropía, pero só editou dous libros e un número da revista homónima. En 1979 intentou retomar o proxecto xunto a Andrés Cascioli. Despois de dous números como suplemento da revista Humor Registrado, fixéronse catro números de El Péndulo, que deixou de ser editada polos altos custos de produción. A revista apareceu de novo en dúas épocas na década de 1980, grazas ao éxito comercial de Ediciones de la Urraca con Humor. Saíron quince números máis, e dúas revista-libro xa na década de 1990. Entre as dúas épocas de El Péndulo editou unha nova versión da revista Minotauro, cun perfil comercial máis baixo, ao distribuírse en librerías en vez de en quioscos.

O seu primeiro libro foi Para bajar a un pozo de estrellas (Editorial Sudamericana, 1983). En 1985 compilou unha antoloxía para a editorial Eudeba, La ciencia ficción en la Argentina. En 1988 seleccionou material para coleccións de Punto sur editores, onde publicou novamente a Levrero e o seu segundo libro de relatos, Trama de pesadillas.

Actualmente vive en España, onde dirixiu a colección Mundos Imaginarios de Plaza y JanésMarcial Souto en Enciclopedia Axxon ..

Iniciouse como tradutor ao publicar a autores estranxeiros.Traducións de Tercera fundación ..

Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Editores de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores ao castelán