Araceli Herrero Figueroa, nada en Lugo o 22 de xuño de 1948 e finada na mesma vila o 10 de xuño de 2020, foi unha filóloga galega.

Traxectoria Licenciada en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica: Español) e licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa. Doutorouse en 1977 coa tese Luis Pimentel, obra inédita o no recopilada, documentación biográfica, introducción y notas, dirixida por Ricardo Carvalho Calero. Impartiu docencia no antigo Colexio Universitario de Lugo foi catedrática na Escola de Formación do Profesorado no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela e titular de universidade na Facultade de Formación de Profesorado de dita Universidade. Foi directora do Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura da mesma universidade.

Foi autora tamén de distintas monografías, capítulos de libros en volumes colectivos sobre lingua, literatura e didáctica, ensaios e estudos varios en diversas publicacións e revistas (Grial, O Ensino, Agália, A Trabe de Ouro, Revista Galega de Teatro, Casahamlet, ANILIJ etc.).

Morreu por mor da COVID-19.

Obras Ensaio O teatro en Fingoi, Cadernos da Escola Dramática Galega. Sobre Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro e Carballo Calero: apontamentos de Filoloxía, Crítica e Didáctica da Literatura, 1994, Ediciós do Castro.Imaxe da portada Estudos sobre Emilia Pardo Bazán e recompilación de dispersos, 2004, Deputación de Lugo. Unha cidade e un poeta (Lugo e Luís Pimentel), 2007, Deputación de Lugo.

Edicións Luis Pimentel. Obra inédita o no recopilada, 1981, Celta. Armando Cotarelo Valledor. Teatro histórico e mariñeiro (Hóstia, Beiramar e Mourenza), 1984, Ediciós do Castro. Luís Pimentel. Obra Completa (edición e introdución), 2009, Galaxia.

Obras colectivas Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo. O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, 1988, Ediciós do Castro. Con Aurora Marco. Congreso Álvaro Cunqueiro: Actas, 1993, Deputación de Lugo. Coordinadora da edición, con Xabier Cordal, Bernardo Penabade e Ramom Reimunde.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Lugo Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Finados pola COVID-19 en España Categoría:Nados en Lugo