Xosé Luís Grande Grande, nado en Vilaquinte (Carballedo) o 4 de setembro de 1954, é un lingüista, catedrático e político galego.

Traxectoria Cursou os estudos primarios na escola rural de Vilaquinte. Dende 1967 até 1973 realizou o bacharelato no Seminario de Ourense e COU no Instituto Masculino de Ourense. Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa (2ª promoción) na Universidade de Santiago de Compostela (1974-1979). Foi profesor de Lingua e Literatura Galega dende o curso 79-80, os dous primeiros anos como mestre interino no IES Álvaro Cunqueiro, a partir de 1981 como mestre agregado de instituto após aprobar as primeiras oposicións de Lingua e Literatura Galega convocadas, un ano en Vilagarcía de Arousa, dez meses no IES A Guía e logo no IES Chapela até a xubilación. Foi concelleiro en Redondela por Esquerda Galega (1978-1991) e dende 1995 até o 2003 polo BNG.

Obras

Curso de Galego, publicado no xornal Faro de Vigo (1983-1984). Parroquias de Redondela. CHAPELA (2025). Vigo: I. Amador Pérez. Servizo de Normalización Lingüística. 37 páxs.

Obras en colaboración Grande Dicionario Infantil (1985). Ed. Marín S.A. 6 volumes. Dicionario da Lingua Galega (1986). Ed. Alhena. 3 volumes Comentario de Textos Literarios (1986). Ed. Alhena. Actividades de Expresión Oral e Escrita (1990). Baia Edicións. Actividades de Léxico 1 (1990). Baia Edicións. Actividades de Construción Gramatical (1991). Baia Edicións.

Traducións A tuta e a Ramoneta, de Llorenç Villalonga, 1984, Cadernos de Escola Gramática Galega, desde o catalán. A Historia de Moon, 1993, Ed. SM, con Mª Ángeles Babarro, desde o alemán.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Carballedo Categoría:Nados en 1954 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Concelleiros de Redondela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia