Antonio Pedro Gil Hernández, nado en Valladolid o 29 de abril de 1941, é un sociolingüísta especialmente interesado no galego.

Traxectoria Reside en Galiza desde 1968. Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor na Coruña. Colaborador das revistas Cadernos do Povo, Nós, O Ensino, Temas do Ensino e Agália, tendo participado en congresos e encontros sobre a situación da lingua en Galiza. É membro da Associação de Amizade Galiza-Portugal, das Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, da Comissão Galega do Acordo Ortográfico e da Sociedad Española de Lingüística, así como da Academia Galega da Língua Portuguesa.

Obras Ensaio Silêncio Ergueito, 1996, Ediciós do Castro. Temas de linguística política, 2006, Associação de Amizade Galiza-Portugal.

Poesía Baralha de sonhos, 1985, Irmandades da Fala. Co pseudónimo Amado L. Caeiro. Luzes e Espírito, 1990, Irmandades da Fala da Galiza e Portugal. Do amor de tudo quanto é livre, 1991, Irmandades da Fala da Galiza e Portugal.

Obras colectivas Estudo crítico das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (ILG-RAG) 1982, 1983, AGAL. 2ª edición en 1989. Que galego na escola? I Encontros Labaca, 1984, Ediciós do Castro. Prontuário ortográfico galego, 1985, AGAL. Actas do I Congresso Internacional da língua galego-portuguesa na Galiza (1984), 1986, AGAL. Actas do Congreso Castelao, 1989. Galiza: língua e sociedade (XIV ensaios), 2009, Associação de Amizade Galiza-Portugal.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1941