A estratexia da cuña ou argumento da cuña (coñecida en inglés como Wedge Strategy) é un plan de acción política e social elaborado polo Discovery Institute, o núcleo do movemento do deseño intelixente. A estratexia presentouse nun manifesto publicado en 1999 polo Discovery Institute coñecido como o Documento da cuña ou Documento Wedge,O documento da cuña Discovery Institute, 1999. no que se describe unha ampla axenda social, política e académica cuxo obxectivo final é "derrotar ao materialismo científico" representado pola evolución, "reverter a sufocante visión do mundo materialista e substituíla por unha visión científica acorde coas conviccións cristiás e teístas" Wedge Strategy Discovery Institute, 1999. Citado en Handley P. Evolution or design debate heats up. The Times of Oman, 7 de marzo de 2005. e "afirmar a realidade de Deus".Phillip E. Johnson, Defeating Darwinism by Opening Minds (Downers Grove, Illinois: InterVarsity Press, 1997), 91-92,
O seu obxectivo é "renovar" a cultura estadounidense moldeando a política pública para que reflicta os valores do cristianismo conservador, principalmente valores evanxélicos e protestantes."Obxectivos para cinco anos. Renovación espiritual e cultural: Movementos de de renovación que comecen a utilizar argumentos da teoría do deseño intelixente e a repudiar teoloxías influídas polo materialismo; A(s) denominación(s) cristiá(s) maior(es) defende(n) a doutrina tradicional da creación; Seminarios de darwinismo recoñecen e repudian presupostos naturalistas cada vez mais; Resultados positivos en enquisas de opinión pública en asunto tales como sexualidade, aborto e crenza en Deus" Wedge Strategy Discovery Institute, 1999.
O deseño intelixente é a controvertida conxectura de que certas cousas do universo e os seres vivos poden explicarse mellor mediante unha causa intelixente que por un proceso naturalista como o da selección natural. Dentro das conxecturas do deseño intelixente encóntrase a idea de redefinir a ciencia e como esta debe conducirse. Os propoñentes da estratexia Wedge opóñense dogmaticamente ao materialismo,"Para a nosa vantaxe, o materialismo non é unha posición neutra, desprovista de valor e minimalista a partir da cal perseguir a investigación. Ao revés, é ela mesma unha ideoloxía cunha axenda. Aínda máis, exixe unha historia de creación evolucionista para manterse. No terreo científico, nós consideramos que esta historia da creación é falsa. Aínda máis, consideramos que a axenda ideolóxica que flúe dela é destrutiva do discurso racional. Os nosos intereses son, por tanto, enteiramente paralelos aos dos evolucionistas. De feito, todos os peores temores dos evolucionistas en canto e ao como o mundo sería se nós lográsemos éxito xa se realizaron, na nosa visión, por medio do éxito do materialismo e da evolución. Por tanto, como unha estratexia para desbancar o materialismo e a evolución, o termo "cuña" vén significar un movemento intelectual e cultural que moitos encontran simpático".Dealing with the backlash against intelligent design William Dembski. 2004."Se entendermos os nosos propios tempos, saberemos que deveriamos afirmar a realidade de Deus desafiando a dominación do materialismo e do naturalismo no mundo da mente. Coa asistencia de moitos amigos eu desenvolvín unha estratexia para facer isto... Nós chamamos a nosa estratexia de 'cuña'." Phillip Johnson, Defeating Darwinism by Opening Minds, 1997, pp. 91-92"Desbotar a materia na física e na bioloxía require un retorno aos asuntos sociais que se tratan na Rerum Novarum e na Centesimus Anus. ...O gran cadáver en descomposición do materialismo moderno aínda cobre de sombra e estulticia a filosofía académica e a cultura contemporánea, e os seus cheiros aínda circulan insidiosa e invasoramente polos corredores e salas de lectura das principais escolas de divindade." The Soul of Silicon George Gilder. The Acton Institute, 1 de maio de 1997, ao naturalismo "O máis severo desafío á teoloxía nos últimos douscentos anos foi o naturalismo. Na cultura occidental, o naturalismo chegou a ser a posición de partida de toda investigación seria. Dos estudos bíblicos pasando polo dereito, a arte, a ciencia e até os medios, espérase que a investigación proceda só baixo a suposición do naturalismo. Se o deseño intelixente tivera un éxito completo, desbancariamos non só o darwinismo, senón tamén o legado cultural do darwinismo." The Intelligent Design Movement William Dembski. e á evolución "...o deseño intelixente ten un axuste de contas inmediato: destruír o legado ateísta da evolución darwiniana. O deseño intelixente fará imposíbel que alguén sexa un ateo intelectualmente. Isto dá ao deseño intelixente unha incríbel forza de tracción como ferramenta para a apoloxética, abrindo a cuestión Deus a individuos que pensaban que a ciencia enterrara a Deus" Commending President Bush William Dembski. (arquivo PDF)"Por tanto, como unha estratexia para desbancar o materialismo e a evolución, o termo "cuña" veu denotar um movemento intelectual e cultural que moitos encontran simpático." Dealing with the backlash against intelligent design William Dembski. 2004."Pero hai motivacións máis profundas. Creo que nun nivel fundamental, en termos do que me move nisto, é que eu acho que a gloria de Deus está a ser roubada por estas abordaxes naturalistas á evolución biolóxica, á creación, á orixe do mundo, á orixe da complexidade e da diversidade biolóxicas. Cando vostede está atribuíndo as marabillas da natureza a estes mecanismos materiais inconscientes, a gloria de Deus está a ser roubada... E entón hai unha guerra cultural aquí. Eu quero ver que Deus recibe o crédito polo que El fixo, e El non o está recibindo." William Dembski, citado. The Faith That Dare Not Speak Its Name Jerry Coyne. The New Republic, 11 de agosto de 2005."O obxectivo da Estratexia da Cuña é convencer ás persoas de que o darwinismo é inherentemente ateísta, desprazando o debate de creacionismo versus evolución, para a existencia de Deus versus a non existencia de Deus. A partir de aí ás persoas se lles presenta a 'verdade' da Biblia, despois a 'cuestión do pecado' e finalmente son 'presentadas a Xesús'." Phillip Johnson citado. Missionary man Rob Boston. Church & State, abril de 1999. e estableceron como o seu obxectivo explícito que sexan substituídas."O Centro para a Renovación da Ciencia e da Cultura do Discovery Institute busca nada menos que a derrota do materialismo e os seus legados culturais. Reunindo académicos destacados das ciencias naturais e das humanidades e as ciencias sociais, o Centro explora como novos desenvolvimentos en bioloxía, física e ciencia cognitiva levantan serias dúbidas canto ao materialismo científico e reabriron o caso dun entendemento amplamente teísta da natureza." ..."A teoría do deseño intelixente promete reverter a sufocante dominancia da visión do mundo materialista e substituíla por unha ciencia consoante coas conviccións cristiás e teístas." O documento da cunha Discovery Institute. (arquivo PDF)Darwinism is Materialist Mythology, Not Science Phillip E. Johnson. DarwinReconsidered.org.
Visión xeral
O Documento da cuña esboza unha campaña de relacións públicas planificada para influír na opinión pública, nos medios populares, nas fundacións de caridade e nos elaboradores de políticas públicas. De acordo cos seus críticos, o documento da cuña, máis que calquera outro proxecto do Discovery Institute, demostra o propósito político, en vez de científico, do instituto e do deseño intelixente.
O documento presenta os obxectivos a curto e a longo prazo con metas para o movemento do deseño intelixente, cos seus obxectivos directores declarados no parágrafo de abertura:
"Derrotar o materialismo científico e os seus destrutivos legados moral, cultural e político" "Substituír explicacións materialistas polo entendemento teísta de que a natureza e os seres humanos foron creados por Deus"
Hai tres "proxectos-cuña", referidos na estratexia como tres fases proxectadas para atinxir un obxectivo director:
Fase I: Investigación científica, publicación e propaganda, Fase II: Propaganda e formación de opinión, e Fase III: Confrontación e renovación cultural.
Recoñecendo a necesidade de apoio, o instituto afirma a orientación evanxélica cristiá da estratexia:
A estratexia da cuña planificouse con obxectivos e cumprir a cinco e a vinte anos coa finalidade de conseguir a conversión da corrente predominante. Un compoñente notábel do traballo foi o seu desexo de abordar "consecuencias sociais" e promover unha axenda social conservadora nunha ampla gama de asuntos incluíndo o aborto, a eutanasia, a sexualidade e outros movementos de reforma social. Criticaba aos "reformadores materialistas que avogaban por programas de goberno coercitivos" aos que se refería como "unha cepa virulenta de utopía".
Máis alá da promoción dos obxectivos da Fase I de propoñer investigacións e publicacións relacionadas co deseño intelixente e esforzos con vistas á súa integración na vida académica, a estratexia da cuña pon énfase no patrocinio das Fases II e III con vistas a aumentar o apoio popular ás ideas do Discovery Institute. Esperan que o apoio á creación de libros de nivel popular, artigos en xornais e revistas, cartas á redacción, producións de vídeos e seminarios de apoloxética estimule aos crentes para influír na cultura máis ampla na dirección á aceptación do deseño intelixente, o que á súa vez leva ao obxectivo último dos autores da estratexia da cuña: a reforma social e política da cultura americana.
En vinte anos, o grupo espera que acadarán o seu obxectivo de facer do deseño intelixente "a perspectiva dominante na ciencia" así como estender ramas para "a ética, a política, a teoloxía e a filosofía nas humanidades, e ver a súa influencia nas belas artes". Un obxectivo da estratexia da cuña é ver o deseño intelixente "permear a vida relixiosa, cultural, moral e política". Cumprindo este obxectivo estará cumprido o obxectivo último tal como foi declarado polo Centro para a Ciencia e a Cultura, a derrota do materialismo e os seus legados culturais que levan á condenación ás penas eternas" e restabelecer "a proposición de que os seres humanos foron creados á imaxe de Deus", e desta forma "renovar" a cultura americana para reflectir os valores cristiáns conservadores.cita publicación: date=19970514072337 . O preámbulo do Documento da Cuña reproduce en gran parte, palabra a palabra, a primitiva declaración da misión do Centro para a Ciencia e a Cultura, daquela chamado "Centro para a Renovación da Ciencia e da Cultura". . O tema retómase no controvertido libro From Darwin to Hitler redactado polo membro do Centro para a Ciencia e a Cultura Richard Weikart e publicado co apoio do Centro.
A estratexia da cuña redactouna en gran parte Phillip E. Johnson, e menciónase de forma destacada no seu libro The Wedge of Truth: Splitting the Foundations of Naturalism.
Orixes do Documento da Cuña
Esquematizado en 1998 polos dirixentes do Discovery Institute, o Documento da Cuña apareceu publicamente despois de ser colgado na World Wide Web o 5 de febreiro de 1999 por Tim Rhodesvirus: A Peek Behind Enemy Lines Tim Rhodes. ChurchOfVirus.org, 5 de febreiro de 1999., e compartido por Matt Duss, un empregado dunha empresa internacional de recursos humanos establecida en Seattle. Duss recibira un documento para copiar titulado A Cunha e marcado como "altamente confidencial" e non destinado para distribuír"Discovery's Creation Roger Downey. Seattle Weekly, 1 de febreiro de 2006..