El Centinela de Galicia foi un periódico editado na Coruña entre 1843 e 1844.

Historia e características Subtitulado Periódico político, literario e industrial, foi fundado por Vicente Manuel Cociña e Tiburcio Faraldo. Contiña crónicas de Galicia, correspondencia, poesías, extractos das Cortes e artigos políticos que apoiaban ao Partido Moderado. Entre os seus colaboradores destacan Benito Vicetto, José Domínguez Izquierdo, José María Posada e Domingo Díaz de Robles. Ocasionalmente, incluía cantigas populares e algúns poemas en galego. Desapareceu en abril de 1844.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1843 en Galicia