As Neves é un lugar da parroquia das Neves, no concello pontevedrés das Neves. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística do 2009 ten 456 habitantes (228 homes e 228 mulleres).

É a capital do concello. A igrexa parroquial data do século XVII, obra do arquitecto Melchor de Velasco e do canteiro Amaro do Campo. Posúe unha torre piramidal, da cal só hai outros cinco exemplos en toda Galiza, e un retablo de tres rúas do Barroco galego

Celebra a súa festa local o 5 de agosto, na honra da Virxe das Neves.

Lugares e parroquias Lugares das Neves

Parroquias das Neves

Notas

Categoría:Lugares das Neves