Unha seita é un concepto utilizado para designar, en principio, calquera doutrina, ideoloxía ou sistema que diverxa da correspondente doutrina ou sistema dominante, e tamén para designar o propio conxunto de persoas (o grupo organizado ou movemento adherente a tal doutrina, ideoloxía ou sistema), os cales, en canto diverxentes da opinión xeral, presentan significado social.

Usualmente enténdese o termo na súa significación específica (stricto sensu) só relixiosa, polo que por "seita" enténdese, a priori e de ordinario, inmediatamente "seita relixiosa". Porén, tal nexo causal non é imperativo, pois non sempre unha seita está no dominio relixioso.

O termo usábase orixinariamente para referirse a comunidades filosóficas, relixiosas ou políticas que, a través das súas ensinanzas ou ritos, separáranse da súa comunidade de orixe.

Desde o punto de vista sociolóxico, é un grupo de persoas con afinidades comúns (culturais, relixiosas, políticas, esotéricas etcétera).

Como unha das posíbeis acepcións do termo ten connotacións negativas,Gran dicionario século 21 da lingua galega: ver seita.DRAE: ver secta (terceira acepción). algúns suxiren, para o significado máis común que se lles dá ás seitas (o relixioso), o termo alternativo novos movementos relixiosos.

En Europa a palabra seita concibiuse derivada principalmente de sequi ("seguir"). Trátase de seguir a un mestro, a un líder. En moitas das seitas así sucede. O problema da terminoloxía é importante, xa que desde distintas áreas do pensamento e da ciencia se ofrecen diversas definicións. O experto Vicente Jara recompilou máis de 15 definicións antes de propñer unha propia: a seita é "un grupo social depredador que practica o mimetismo e o engado».Vicente Jara: Definición y criterios.

Os sociólogos anglófonos utilizan a palabra sect ("credo", "culto" ou mesmo "seita", na súa acepción menos usada) para referirse a un grupo relixioso que tamén ten un alto grao de tensión coa sociedade circundante, pero cuxa crenza é, dentro do contexto desa sociedade, en gran parte tradicional. O termo pexorativo cult, equivalente á palabra galega "seita" na súa acepción máis común, indica un grupo que ten un alto grao de tensión coa sociedade circundante.

Historia

No mundo antigo considerábanse os "seitarios" como as persoas que seguían as ensinanzas dun filósofo.Informe Final da Comisión Bundestag sobre As chamadas seitas e psicogrupos, 1998 E os primeiros cristiáns foron chamados "seita dos nazarenos", en medios do xudaísmo.

San Paulo utiliza a palabra haíresis (αἵρεσις, "busca tardía", "escola filosófica", "seita") nas súas cartas sobre as divisións dentro da comunidade (por exemplo, 1 Co 11,19). Vía estas divisións baixo unha luz negativa, sen determinar non obstante cal delas era a máis correcta.

Na Igrexa primitiva usouse cada vez máis o termo haíresis para referirse ás desviacións de comunidades cristiás da comuñón completa, e a principios do século V consideráronse na Igrexa Occidental como herexías, falsas doutrinas.

Esta idea foi apoiada pola Igrexa Católica da Idade Media, ao cualificar como "seita luterana" aos protestantes, definición mantida en certos textos até o século XX.

Consideracións filosóficas

Sexa cal for a súa inserción semiolóxica, é imprescindíbel saber que seita, como ideoloxía ou como grupo que a profesa, está situada desfavorabelmente no xogo do poder, cara ao(s) detentador(es) da dominación. Iso vale en relixión, política, ou outra calquera expresión humana. Seita é un concepto sempre relativo en termos circunstanciais de espazo-tempo e de grao de amplitude cultural e/ou de poboación. Alén diso, é un concepto dinámico, pois o que é "seita" nun lugar dado, nun momento histórico dado, e para un grupo cultural e/ou de poboación dado, pode a ser a ideoloxía dominante noutras circunstancias (espazo-tempo, cultural etc. diferentes).

O concepto esencial de "seita" lígase co de herexía, xa que este significa o conxunto de ideas que, en principio e cara ás consideradas dominantes, diverxen destas e deben, por tanto, seren rexeitadas. A cuestión do rexeitamento é, naturalmente, pura e simplemente, só unha imposición do poder da estrutura ideolóxica que está no dominio.

Seita relixiosa miniatura|upright 1.3|Para certos sociólogos, as Testemuñas de Xeová constitúen unha "seita protestante".

Seita designa a un grupo de persoas (un movemento) que profesan unha nova ideoloxía diverxente daquela(s) da(s) relixión(s) que se consideran dominantes e/ou oficiais, xeralmente dirixidos por un líder con características de personalidade consideradas carismáticas, pero con débil ou pouco recoñecemento xeral por parte da sociedade. Pero, xa se viu, a cuestión do recoñecemento é só relativa.

En oposición, o termo denominación relixiosa utilízase para designar os movementos con recoñecemento xeral na sociedade, de forma tal que, no islam, os grandes grupos de seguidores xiítas e sunitas son considerados por moitos como seitas (que de feito o son, no sentido etimolóxico da palabra). A regra aplícase tamén a calquera outra división relixiosa, pero con todo, polo sentido que se lle atribúe, moitas consideran inadecuada tal denominación. Moitas das chamadas "seitas" desmémbranse, cesan ou cambian de dirección ideolóxica e/ou doutrinaria coa desaparición do(s) seu(s) líder(es). Outras veces, na ampla dinámica histórica, aquelas outrora ditas "seitas" pasan a asumir posición de dominio. Desde o punto de vista legal, os estados occidentais pasan a recoñecer as seitas relixiosas como denominacións relixiosas cando estas obteñen rexistro oficial como persoa xurídica, aínda que ás veces a persecución relixiosa e as inxerencias de manipulación do poder non por iso se extingan. En efecto, foi unha práctica constante ao longo dos tempos para os grupos considerados como seitas.

Uso actual do termo

Uso na linguaxe

No uso popular a miúdo considéranse seitas a organizacións relixiosas ás que se ve como potencialmente perigosas ou problemáticas, ou ben afastadas da ortodoxia teolóxica, como "herexías". Isto inclúe a moitas das actuais comunidades cristiás das tradicionais, así como a novos grupos, en particular os xurdidos a partir da segunda metade do século XX. Nas décadas de 1970 e 80 considerábanse as seitas como unha "relixión de mozos", xa que inicialmente moitos deles se afiliaron a distintas seitas, seguindo o exemplo de personaxes populares. "Seita" utilízase hoxe en día de maneira pexorativa, e hai quen o considera un grito de batalla.Martin Kriele: "Seitas como grito de batalla", na revista Frankfurter Allgemeine Zeitung, 6 de abril de 1994.Hansjörg Hemminger: «¿Was ist eine Sekte?» , en Evangelische Landeskirche in Württemberg.

A miúdo acúsase a algunhas das chamadas seitas de que se fundaron principalmente por motivos económicos, e que se converteron en comunidades relixiosas para conseguir a protección especial do Estado, maiores liberdades e dereitos, así como para gozar de exención de impostos. O exemplo máis coñecido é a Ciencioloxía, que orixinalmente era un movemento laico.

Controversias

O tema das seitas provocou controversia en repetidas ocasións. Hai dous campos opostos. Por un lado, sobre a base da liberdade relixiosa e a condena das restricións aos grupos relixiosos, representantes das minorías relixiosas e filosóficas, grupos defensores da liberdade relixiosa, académicos estudosos da relixión, algúns sociólogos e avogados. Por outro lado, quen condena enerxicamente a certos grupos relixiosos debido a que limitan a liberdade das persoas, incluídos os representantes das principais igrexas, funcionarios de axencias estatais, e as iniciativas creadas por familiares, antigos membros, psicólogos, sociólogos, científicos, políticos e avogados.

En concreto, as controversias xiran a miúdo sobre sospeitosas ou reais:

Restricións á liberdade de culto relixioso de grupos marxinais, polas críticas das súas prácticas e as medidas tomadas para aplicar a lei. Restricións á liberdade relixiosa recoñecida legalmente. Restricións á liberdade de expresión dos membros do grupo. Restricións á libre circulación dos membros do grupo. Explotación económica dos membros polas longas horas de traballo e salario mínimo, por casos de explotación sexual ou abuso sexual de nenos, nenas e adolescentes por membros do grupo. Violacións, polo grupo, dos dereitos humanos. Culto ao líder do grupo. Conflitos familiares, particularmente nas familias onde un dos pais abandonou o grupo e os nenos continúan nel. Imposibilidade de que os nenos accedan á educación, atención médica, e a visitar a membros da familia fóra do grupo.

Cobertura nos medios miniatura|upright 1.3|As casas da comunidade de Jonestown, (Güiana), lugar dun suicidio colectivo que atraeu a atención mundial sobre a problemática dos novos movementos relixiosos.

Casos illados sobre violencia relacionados coas seitas teñen chegado aos titulares de prensa. Especialmente espectaculares foron os seguintes:

anos setenta: Ervil LeBaron —líder da seita Igrexa do Año de Deus (separada dos mormóns)— ordena o asasinato de 25 dos seus rivais.«A deadly messenger of God», na revista Time, 29 de agosto de 1977. anos setenta: en Colonia Dignidade os nenos eran maltratados e torturábase a opositores políticos.Colonos: "Schäfer facilitou a nosa vila para a detención e opresión de persoas", no diario chileno La Tercera, 19 de abril de 2006. 1978: en Güiana suicídanse en masa máis de 900 membros do Templo dos Pobos. anos oitenta: Yahweh ben Yahweh, líder da Nación de Iavé, é acusado como responsábel de case dúas ducias de asasinatos.Julia Scheeres: «Yaweh ben Yahweh» 1984: en varios bares da cidade The Dalles (Oregón), seguidores do gurú Osho realizan un ataque con Salmonella; unhas 750 persoas resultaron infectadas. 1989: Jeffrey Lundgren, líder dunha seita, asasinou aos cinco membros dunha familia por "desleais". En 2006, Lundgren foi executado polo Estado."Líder dun culto [sic, por "unha seita"] condenado a morte", AP, 24 de agosto de 2006. 1993: Resistencia armada dos davidianos contra as autoridades dos Estados Unidos en 1993, na que morreron 4 policías e 80 membros da seita."Exculpan al FBI de la matanza de Waco", en El Mundo, 23 de xullo de 2000. 1994 a 1997, en Suíza, Canadá e Francia, a seita Orde do Templo Solar ordena suicidios en masa e o asasinato de 74 membros. 1995: a seita Aum Shinrikyō atacou o metro de Tokyo con gas velenoso: morreron 12 persoas e ao redor de 1000 resultaron feridas. Foi o maior ataque dunha seita contra xente allea a ela nos tempos modernos.«So long, Shoko» , US News & World Report, 19 de setembro de 2006. O suicidio en masa dos seguidores da seita Porta do Ceo.Randall BELL: Strategy 360. 2000/03/17: en Uganda o Movemento para a Restauración dos Dez Mandamentos de Deus asasina a máis de 1000 membros.«Masacre en Uganda», no diario El País, 23 de marzo de 2000. 2002: seguidores de Swami Omkarananda (fundador do Centro de Luz Divina) intentan asasinar os seus opositores.Suprema Corte Federal de Suíza, sentenzas de 2002.

Uso legal

Nos medios xurídicos, sociolóxicos e relixiosos e no contexto científico, o termo rara vez se utiliza agora no seu sentido tradicional. Os grupos relixiosos denomínanse "organizacións" ou "movementos relixiosos".

Definición sociolóxica

Max Weber distingue ás "seitas" das "igrexas" sobre a base dos seus mecanismos de crecemento: as seitas son comunidades dinámicas, nas que o individuo, debido a unha decisión persoal e só despois dun minucioso exame por parte da seita, se afilia. En contraste, as igrexas, segundo Weber, son aquelas nas que o individuo nace de novo.Weber: op. cit., pág. 619.