Xan M. Fraga Rodríguez, nado en Carballo en 1958, é un historiador galego.

Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia, Especialidade de Historia Contemporánea, pola Universidade Central de Barcelona, e Diploma de Estudos Avanzados en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Exerceu de profesor de Historia no IES Alfredo Brañas de Carballo ata o 13 de xuño de 2025, ano no que se xubilou.

Fundador da Agrupación Cultural Lumieira de Carballo, é articulista, conferenciante, relator e coordinador de diversos cursos de Historia, así como membro do Instituto de Estudios Bergantiñáns.

Obras Ensaio Emigración e História Contemporánea. Galiza-Cuba, 1994, Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Carballo 1900-1979. Crónica fotobiográfica, 1996, Espiral Maior. Tranvías e Trolebuses. A Coruña-Sada-Carballo, 1997, Espiral Maior. Bergantiños F. C. 75 anos de historia, 1998, Bergantiños F. C. Crónicas de Carballo I, II, III, IV, 1999, 2004, 2006, 2012, Agrupación Cultural Lumieira. Tranvías e Trolebuses. Pontevedra-Vigo, 2000, Espiral Maior. Tranvías de Ferrol, 2002, Espiral Maior. Alfredo Brañas, carballés ilustre, 2005, AS-PG. Miro Casabella e a Nova Canción Galega, 2008, Galaxia. Luis Suárez. Fútbol de seda, 2010, Baía Edicións. De Arsenio a Arsenio. Vintedous anos de historia deportivista [1951-52, 1972-73], 2017, Phottic.

Obras colectivas Malpica. Crónica do século XX en imaxes, 2001, Espiral Maior. Con Héctor Pose Porto. Trolebús, 2001, Agrupación Cultural Lumieira. ¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro, de Cándido A. González 2004, Universidade da Coruña. Estudo, edición e notas con Manuel Ferreiro e Laura Tato Fontaíña. Manuel María. Fotobiografía sonora, 2005, Ouvirmos. A memoria de Carballo, 2005, Xerais. Con Carlos Díaz Martínez. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Follas de Carballo, 2011, Asociación Cultural Lumieira.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria