Un compresor é un procesador de dinámica que ten a finalidade de reducir o nivel dos sinais con exceso de volume. As razóns de comprimir son a de controlar a enerxía dun sinal, controlar o nivel pico dun sinal e a de reducir a marxe dinámica.
Historia O compresor orixinal non era un compresor senón un limitador, e inventouse para protexer os transmisores de radio AM de picos e transitorios que contiñan música e voz. Nos anos 30 a tecnoloxía do son funcionaba a válvulas como elemento principal, pero tamén existían uns compresores de ponte de díodos que se usaron durante pouco tempo pero con moito éxito.
Controis A compresión non é un labor doado porque precisa características moi diferentes en función do tipo de sinal. Pódese encontrar máis que os que se detallan a continuación ou directamente non teñen porque ter todos:
Nivel de limiar(threshold). Cando excede este nivel ponse en funcionamento o compresor. Tamén se pode chamar punto de rotación. Tempo de ataque. Este é o tempo que tarda o sinal en comprimirse desde que supera o nivel de limiar. Ás veces estes tempos non son fixos e van en pendente en decibelios por milisegundo. Tempo de relaxación(release time). É o inverso de tempo de ataque, é dicir, o tempo que se tarda en pasar do estado procesado ó estado onde se deixa pasar o sinal sen alteración no nivel. Non é común pero pode existir un tempo de mantemento, este pode ser útil para evitar parte da distorsión de baixas frecuencias nos tempos mais rápidos de relaxación. Relación de compresión(ratio). Este parámetro especifica a cantidade de compresión que aplica o sinal. Normalmente oscila entre 1:1 A 40:1. As relacions están expresadas en decibelios, polo tanto a relación de 6:1 quere dicir que un sinal que pase do limiar en 6 dB se reducirá a 1 dB por riba do limiar. A partir de 20:1 xa se considera que funciona como limitador aínda que en teoría un limitador tería unha relación de infinito:1. Rótula(Knee). Regula a transición entre o estado procesado e sen procesar. Nun compresor pode existir a opción entre unha transicion branda e unha mais brusca. Enlace estéreo(stereo link). Nos procesadores de dinámica en xeral, cando se usan para procesar un sinal estéreo, faise necesario enlazar a acción de compresión en ámbolas dúas canles. Ganancia de saída(gain). Posto que a compresión introduce atenuación, esta ten que ser compensada subindo o volume de saída. Posto que o compresor reduce dinámica, pódese subir o nivel de saída para aproveitar mellor a marxe dinámica. Desactivación(Bypass). Permite comparar o sinal orixinal e o comprimido.
Tipos de compresores Optical. A redución de ganancia faise por un foco ou lead que ó cambiar a súa intensidade luminosa varía o nivel de ganancia utilizando unha fotocelula. Este tipo é o utilizado para baixos, voces e baterías. FET(field-effect-transistors). Neste caso un transistor especial é posto para emular o traballo dunha válvula como redutor de ganancia. Este compresor é extremadamente rápido e limpo e ademais é excelente para guitarras eléctricas e baixos. VCA(voltage controlled amplifier). Os compresores VCA son os mais versátiles de todos. Son moi rápidos e eficaces, moi útiles nos casos onde é necesario manter o control estrito sobre a dinámica. Utilizados para voces, baterías e mesturas. Ganancia variable. A redución de ganancia variable utiliza circuítos específicos e compoñentes que non pertencen ás outras categorías. Os valores da proporción varían segundo a intensidade do sinal que estea a ser comprimido. Utilizados para mesturas, voces ou baterías. Dixital. A redución de ganancia neste caso faise de maneira dixital, controlada por un chip ou no seu caso dun software, por un programa computarizado. Unha das vantaxes é que pode reter data, é dicir, que analiza o sinal que esta entrando.
Véxase tamén Outros artigos Procesadores de dínamica Son dixital
Ligazóns externas Tutorial sobre procesadores de dinámica Como axustar un compresor Web na que se explican as diferentes maneiras de axustar un compresor Técnicas avanzadas de compresión Pdf no cal se trata a compresión a un nivel superior para o cal se necesita un coñecemento alto da materia
Categoría:Son