O neandertal, Homo sapiens neanderthalensis, ou, alternativamente, Homo neanderthalensis foi unha especie do xénero Homo, ou subespecie dos humanos arcaicos, que habitou Europa e partes oeste do centro de Asia hai aproximadamente entre 400 mil e 40 mil anos.
Morfoloxicamente eran similares a Homo sapiens, pero cunha pelve de forma máis ampla e extensa, similar a especies anteriores. O cranio era longo e máis baixo. A parte media e central do rostro era ampla, os ósos das meixelas angulosos, os arcos supraorbitais dobres e tiñan tamén un nariz grande. O seu corpo era máis baixo, preto de 1,65 m de altura, pero máis ancho có de H. sapiens; e con diferenzas entre homes e mulleres relevantes. A mandíbula inferior non tiña queixelo. Moitas desas características, como o do nariz, eran adaptación a ambientes fríos. A masa cerebral era semellante á H. sapiens, arredor do 10% maior, por ser algo máis longo ao seguir as diferenzas de proporción corporal.Homo neanderthalensis. EOL, Encyclopedia of life. Natural History Museum, Londres. Consultado o 3 de marzo de 2017Homo nenderthalensis en Sminthsonian National Museum of Natural History. Consultado o 3 de marzo de 2017. Suxeriuse que os neandertais tiñan capacidade de expresión verbal, fala, similar a dos humanos modernos.
Os neandertais viviron de Europa á Asia central. Foron cazadores de animais e colectores de plantas. Construían e empregaron recursos sofisticados, como cabanas para vivir nelas, pezas de vestir e ornamentación. Controlaban o lume. O estilo das súas ferramentas de pedra chámase de "cultura musteriana".
Os rexistros fósiles de H. Nenderthalensis máis antigos son de hai cando menos 430 mil anos. Este rexistro e os estudos de secuenciación xenómica indican que teñen cos H. sapiens un antecesor común do plistoceno medio, posiblemente Homo heidelbergensis.[ http://www.nhm.ac.uk/our-science/science-news/2016/february/earliest-evidence-humans-breeding-neanderthals.html#sthash.sEOSTQ3X.dpuf | Earliest evidence of modern humans breeding with Neanderthals. National History Museum, Reino Unido. 17 de febreiro de 2016] A secuenciación xenómica indicou que as poboacións de H. sapiens que saíron de África (isto é, a toda a poboación mundial actual agás a do centro e sur de África) conservan un 2% do xenoma procedente de reprodución cos neandertais. Isto tivo a súa orixe nun contacto entre as especies hai 60 mil anos, antes da expansión dos H. sapiens a Eurasia.The Neanderthal in us. 17 de febreiro de 2016. National History Museum, Reino Unido.
Nome O nome da especie procede da rexión onde se atopou o primeiro xacemento fósil, no século XIX. Foi no leste de Düsseldorf, Alemaña, na cova de Feldhofer, que está emprazada na ribeira do río Düssel no val de Neander (en alemán, "Neanderthal").A val de Neader recibe ese nome polo poeta ermitaño Joachim Neander, que viviu durante tempo nunha cova dese río. Trala súa morte déuselle ao río e ao val o seu nome. Tal, Thal na norma ortográfica previa ao 1901, é a palabra do alemán para val. Kunzig, Robert. "The Year in Science: Human Origins 1997", Discover, 1 de xaneiro de 1998. (Reimpreso en Contemporary Readings in Physical Anthropology, páx. 145 (Alan Almquist ed., Prentice Hall, 2000)Foley, Tim. TalkOrigins Archive. "Neanderthal or Neandertal?". 2005.
A literatura antropolóxica citou a Neanderthal 1 como o "cranio Neanderthal" e ao individuo reconstruído a partir deste como o "home de Neanderthal" (ou "Neandertal").
O nome binomial de Homo neanderthalensis foi a expansión do nome do "home de Neandertal", que se refería a un único individuo, á especie. A especie foi proposta por primeira vez polo xeólogo anglo-irlandés William King en xaneiro de 1864, despois dunha conferencia lida na British Association for the Advancement of Science. Ese mesmo ano King pensou que os fósiles de neandertais eran distintos dabondo dos humanos como para definir un novo xénero. O nome de King tivo prioridade na nomenclatura sobre da proposta de Ernst Haeckel de 1866 de chamarlles "Homo stupidus". O uso común de dicir "os nendertais" ou "un neandertal" xurdiu na literatura popular anglosaxoa na década do 1920s.Lee S. Crandal. The story of the reindeer. Inter alia, Boys' Life, páx. 18. Xaneiro de 1924.
A pronunciación alemá de Neanderthaler ou Neandertaler (neandertal) é no alfabeto fonético internacional.
A descuberta O primeiro fósil de neandertal descuberto foi o cranio infantil (cranio parcial Engis 2) que Philippe-Charles Schmerling atopou na cova de Engis, preto de Liexa (Bélxica), en 1829. Engis 2 en Sminthonian National Museum of Natural History. Schmerling describiu en Recherches sur les ossemens fossiles que aquilo era unha proba da existencia humana antes dos 6 000 anos da historia da Biblia. Scientist of the Day - Philippe-Charles Schmerling. 2 de marzo de 2016 Tamén, partes dun esqueleto de neandertal descubríronse en Forbes' Carry, Xibraltar en 1848. Gibraltar 1 en en Sminthonian National Museum of Natural History Ambos restos non tiveron repercusión. Foron as descubertas do val de Neander, achados nunha canteira preto de Düsseldorf de agosto de 1856, tres anos antes de que Charles Darwin publicara "Sobre da orixe das especies", as que o tiveron.
Os restos fósiles de Neander consistía dunha coroa cranial, dous fémures, tres ósos do brazo dereito, dous do brazo esquerdo, parte do ilíaco esquerdo e fragmentos dunha omoplata e costelas. Estes fósiles denomináronos "Neandertal 1". Inicialmente os traballadores que recolleron estes ósos pensaron que pertencían a úrsidos. Mais entregáronlle o material recollido ao naturalista Johann Karl Fuhlrott e este levóullelos ao anatomista Hermann Schaafhausen. Fuhlrott e Schaafhausen acabaron anunciando a descuberta en 1857 dunha liña de humanos "arcaica", de fósiles de europeos ancestrais. Esa descuberta levou á idea de que desempeñaran unha importante función nas orixes humanas.
No 2007 había descubertos máis de 400 restos de neandertais.
Serie temporal de descubertas
1829: O cranio do neadertal Engis 2 atopado en Engis, Bélxica. 1848: Cranio de neandertal Gibraltar 1 atopado en Forbes' Quarry, Xibraltar. Naquela hora chamáraselle "un humano ancestral". 1856: Johann Karl Fuhlrott decobre e identifica o primeiro "Home de Neanderthal" en Neaderthal. Neaderthal é un val preto de Mettmann na Renania do Norte-Westfalia, Alemaña. 1864: William King propuxo o nome de Homo neanderthalensis no encontro da British Association for the Advancement of Science, mais logo cambiou o seu parecer e argumentou que eran tan diferentes dos humanos, por ter incapacidade moral e concepción teolóxica, que deberían clasificarse como un xénero. 1880: Atópase unha mandíbula dunha persoa neadertal infantíl na cova de Šipka, asociada directamente con cascallos de obxectos artesás, como restos de fogueiras, ferramentas musterianass e ósos de animais extintos. 1886: Atópanse dous esqueletos case conservados na súa totalidade dunha muller e dun home en Spy, Bélxica. Estaban a 500 m de profundidade e con numerosos obxectos musterianos. 1899: Descóbrense centos de ósos nedertais nunha posición estratigráfica vencellada a múltiples restos culturais e ósos de animais extintos. 1899: Fragmentos de ósos e dentes nunha montaña de Krapina, Croacia. 1905: A continuación da escavación de Krapina produce máis de 5.000 obxectos artesás, con 874 con restos de orixe humana, que incluían ósos humanos e de animais así como manualidades. 1908: Descóbrese un esqueleto de neandertal case completo en La Chapelle-aux-Saints, Francia. Este estaba asociado a ferramentas musterianas e ósos de animais extintos. 1925: Francis Turville-Petre atopa o "home de Galileo" ou "cranio de Galileo" na cova de Zuttiyeh, en Wadi Amud, no Mandato británico de Palestina (na actualidade Israel) 1926: Dorothy Garrod atopou fragmentos do cranio Gibraltar 2, que fora dunha nena de catro anos. 1953–1957: Ralph Solecki descobre nove esqueletos de neandertal na cova Shanidad, en Kurdistán 1975: Os estudos de Erik Trinkaus sobre dos pés dos neandertais confirma que andaban coma os humanos actuais. 1981: O xacemento paleolítico de Bontnewydd, Gales, supón a descuberta do máis latitudinal de toda Eurasia. 1987: Análises de termoluminiscencia de fósiles de israelís datan ao nenadertal Kebara 2 de 60 mil anos e aos humanos de 90 mil. Esa data, de entre 90-80 mil, confírmase con estudos dos restos de Qafzeh e Es Skhul. 1991: Métodos de espectroscopía de resonancia paramagnética electrónica indican que restos de neandertal de Tabún, Israel, fora contemporáneo dos humanos de Skhul e Qafzeh. 1993: Atópase o ADN de 120 mil anos nos restos do neno de Sclayn, de Scladina, Bélxica. 1994: Recupéranse xacmentos de neadertais na cova de Sidrón, en Piloña, Asturias, pasando desapercibidos. Proxectos posteriores recuperaron máis de 12 persoas: tres homes adultos e tres mulleres adultas, tres adolescentes e tres cativos neandertais. En 2009 o mtADN secuenciáronse parcialmente as rexións HVR de tres destas persoas."Universitat Pompeu Fabra, Barcelona, A paleogenetical study determines the blood group of Neanderthal man" . 22 de novembro de 2012 1997: Matthias Krings et al. amplifican por primeira vez o mtADN empregando un espécime de Feldhofer, do val de Neander. 1997–2000: En novas escavacións no val de Neander atopáronse fragmentos de ósos que casan cos sitios de 1856, e revelan a posición dese primeiro xacemento.. 1998: Descríbense no Abrigo do Lagar Velho, Portugal, lugares de enterramentos de humanos do paleoĺítico superior e convértense nos xacementos máis o oeste atopados. Alí aparece enterrado un cativo de 4 anos, tinguido con ócre e decorado con cunchas, que data de hai 24 mil anos. As súas características de cranio, mandíbula e dentes mostran unha mestura de trazos de humanos modernos e neadertais. 2000: Igor Ovchinnikov et al. secuenciou o mtADN dun neno das covas de Mezmaiskaya, no Cáucaso. 2005: O Instituo de antropoloxía evolutiva Max Planck (Leipzig, Alemaña) inicia o proxecto de secuenciación do xenoma neandertal, en cooperación con 454 Life Sciences e o Instituto de paleontoloxía cuaternaria e xeolóxica de Zagreb, Croacia, e remata o "borrador" en 2009. 2010: Unha comparación do xenoma neadertal co dos actuais humanos de África e Eurasia mostra que entre 1-4% do xenoma humano dos non-africanos procede de herdanza dos neandertais. 2010: Descóbrense ferramentas lonxe de xacementos de H. sapiens, indicando que esa especie tamén foi quen de crear e evolucionar obxectos. 2012: Covas de Nerja, Málaga, teñen paredes pintadas que datan de hai 42.300-43.500 anos atrás. Interprétase que son obras artísticas neadertais. 2013: Unha mandíbula atopada en Italia mostra características intermedias de Neadertais e Homo sapiens, suxerindo que era un híbrido. O mtADN indica que era neandertal. 2013: Reafírmase que os enterramentos de Chapelle-aux-Saints 1 foran intencionados e co seu ritual. 2016: O estudo do xenoma permitiu suxerir que a expansión de H. sapiens fóra de África puido contribuír á extinción dos neandertais pola transimisión de enfermidades e infeccións, como o Herpes simplex 2.
Características físicas
Comparado cos humanos modernos, os neandertais eran máis baixos, arredor de 1'65 m, pero proporcionalmente máis robustos (arredor de 70 kg os machos, e 55 as femias) e posuían faccións morfolóxicas distintas, especialmente do cranio, que gradualmente acumulou aspectos distintos, particularmente debido ao relativo illamento xeográfico. A súa complexión varuda puido ser unha adaptación ao clima frío de Europa durante o Plistoceno.