Xoán Carlos Fontes Moledo, nado en Vilaboa o 23 de outubro de 1968, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Traballa como xornalista ademais de colaborar na organización de actos culturais para diferentes entidades. Colaborou con textos nos discos dos grupos de música tradicional Tanxedoras (Tanxedoras, 2008 e Á sombra da oliveira, 2013) e Os Carunchos (Cantares, 2016). Fixo circular algúns dos seus poemas en pequenas edicións de cordel.

Obras Poesía Quero colo, 2008, Espiral Maior. Contradanza, 2009, A Regueifa Plataforma.

Literatura infanto-xuvenil Poemas con piruleta, 2009, Galaxia. Ilustracións de Leandro Lamas. Versos en flor, 2012, Galaxia. Ilustracións de Leandro Lamas.

Obras colectivas O trazo aberto, 2002, Deputación de Pontevedra. Pontevedra Literaria, 2007, Concello de Pontevedra. Os poetas de Vigo cantan á poesía, 2008, Rodeira. Terragrafías, 2009, compilación de fotografías e textos con Anxo Cabada. Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.

Premios Primeiro premio na XVI edición do Concurso de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro da asociación cultural homónima de Cornellà, no 2002. Accésit no XVII Certame “Francisco Añón” polo libro de poemas Mar de fóra (Concello de Outes, 2014).

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vilaboa Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en 1968