Xosé Vilas Nogueira, nado en Vigo o 25 de xullo de 1936 e finado o 19 de agosto de 2010, foi un xurista e profesor galego."Vilas Nogueira, José". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada."Fallece el catedrático José Vilas Nogueira" La Voz de Galicia, 20/8/2010 .

Traxectoria Licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo e doutorouse na de Santiago de Compostela en 1973, coa tese El proyecto de Estatuto de autonomía de Galicia bajo la II República española.

Como bolseiro do Goberno francés estivo en París, e logo tamén o estivo como bolseiro do Goberno español.

Comezou a docencia como profesor adxunto de Teoría do Estado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais compostelá, e posteriormente foi catedrático de Ciencia Política e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.

Ademais de profesor, participou na organización desas dúas facultades, sendo decano da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais dende 1984 ata 1986, e da facultade de Ciencias Políticas e Sociais entre 1991 e 1996.

Realizou diferentes investigacións que divulgou en conferencias en diferentes centros, tanto de España coma no estranxeiro.

Integrado nun primeiro momento no Partido Obreiro Galego, participou no Consello de Forzas Políticas Galegas e na redacción das Bases constitucionais de 1977.

Colaborou con artigos en diferentes revistas e xornais, en especial en El Correo Gallego.

Formou parte da Asociación Española de Ciencia Política y de la Administración, e do Seminario de Estudos Galegos.

Obras O Estatuto galego, 1975. Dende Galicia: Marx, 1985. Las elecciones autonómicas en Galicia: 1981-1990, 1992, separata de Revista de Estudios Políticos. Introducción a la ciencia política, 1994. O sistema político galego, 1994, realizado xunto con outros especialistas. Gobierno y Administración en las CC.AA., 2000.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes