Rudolf Khametovich Nureyev (en ) ou Rudolf Xämät uğlı Nuriev, nado en Irkutsk, Siberia, o 17 de marzo de 1938 e finado en París o 6 de xaneiro de 1993, foi un bailarín soviético.
Traxectoria Naceu na Rusia soviética, transformándose nun dos mais celebrados bailaríns do século XX e a primeira estrela masculina do mundo da danza dende Vatslav Nizhinskii. O 17 de xuño de 1961, cando estaba con Kirov en París, rompeu a barreira da seguridade soviética e pediu asilo oficial no Aeroporto de Le Bourget. Apareceu como convidado no especial de Nadal de 1973 de The Morecambe & Wise Show.
En 1977 protagonizou o filme biográfico Valentino, dirixido por Ken Russell, interpretando ao actor Rudolph Valentino.
En 1989 volveu bailar na Unión Soviética por primeira vez desde que a abandonara. Nureyev fixo a súa última aparición pública en outubro de 1992, como director na estrea parisiense dunha nova produción de La Bayadère.
Nureyev morreu en 1993 en París, Francia, por complicacións derivadas da SIDA.
Na cultura popular A novela Dancer (2003), do escritor irlandés Colum McCann, é unha ficción de carácter biográfico baseada na vida de Nureyev. O Teatro Bolshoi estreou en decembro de 2017 o ballet Nureyev, unha montaxe biográfica dirixida por Kirill Serebrennikov e coreografada por Yuri Possokhov. O filme biográfico The White Crow (2018), dirixido por Ralph Fiennes, dramatiza a súa traxectoria inicial e a súa deserción en París en 1961. O documental Nureyev: Lifting the Curtain (2018), de Jacqui e David Morris, recompila material de arquivo e entrevistas sobre a súa vida e o contexto histórico no que se converteu nunha figura internacional da danza.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Bailaríns de ballet Categoría:SIDA Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados en Irkutsk