O hipódromo de Campañó é unha pequena instalación dedicada ás carreiras de cabalos, construído pola Comunidade de Montes de Campañó (ORGACCMM) e a Asociación Cabalar da Parroquia de Moldes, que ocupa unha superficie de 2 hectáreas, e que está situado na parroquia de Campañó, no concello de Pontevedra.

A pista de galope ten unha lonxitude de 540 metros, tamén ten un espazo para saltos de 2000 metros cadrados e ademais un recinto que se pode dedicar á doma. O orzamento da construción das instalacións foi de 370.000 euros. O recinto recibiu no ano 2010 a licenza da Federación Hípica Galega para organizar competicións hípicas oficiais.

Véxase tamén Ligazóns externas Comunidade de Montes de Campañó "A reforma do hipódromo de Campañó permítelle acoller probas ecuestres oficiais", artigo de José Estévez no Diario de Pontevedra, 28 de decembro de 2008. "El nuevo hipódromo de Campañó recibe licencia definitiva de apertura", artigo en Faro de Vigo, 21 de abril de 2010.

Categoría:Equitación Categoría:Deporte en Pontevedra Categoría:Hipódromos