Médico de familia é unha serie de televisión española producida por Globomedia para Telecinco. Estreada a finais de 1995 e emitida ata 1999, a serie liderou a noite dos martes durante catro anos.
Foi emitida e adaptada en Alemaña, Bélxica, Finlandia, Italia, Portugal e Rusia, entre outros países. A súa adaptación en Italia superouna en capítulos e aínda se mantén en emisión.
Sinopse A serie conta a historia de Nacho Martín, un médico viúvo pai de tres fillos (María, Chechu e Anita) e un sobriño (Alberto), que vive ademais co seu pai, o avó destes (señor Manolo) e está namorado da súa cuñada (Alicia), coa que acabará refacendo a súa vida e tendo xemelgos (a nena chámase Elena e o neno Manuel, nacidos nun ascensor con Juani e María como comadroas). Outros personaxes principais son a asistenta da familia, Juani, e o mellor amigo de Nacho, Julio.
Elenco IntérpretePersonaxe Emilio Aragón Nacho Martín Lydia Bosch Alicia Soller Moreno Pedro Peña Sr. Manolo Martín Luisa Martín Juani Ureña Isabel Aboy María Martín Soller Aarón Guerrero Chechu Martín Soller Marieta Bielsa Anita Martín Soller Lola Baldrich Gertrudis Yunquera Antonio Molero Hipólito Moyano Jorge Roelas Marcial González Ana Duato Irene Acebal Luis Barbero Matías Poyo Francis Lorenzo Julio Suárez Antonio Valero Alfonso Martín Iván Santos Alberto Fernández Martín Alicia Beisner Susi Paula Ballesteros Ruth Gemma Cuervo Consuelo Moreno José Ángel Egido Borja Pradera José Conde Óscar Sanz Antonio Castro Luis Fernández Mónica Aragón Marta Sena Paloma Catalán Eva Alberto Domínguez-Sol Ernesto Jordi Rebellón Ángel Estefanía Falcón Luisa Jorge Jerónimo Paco Díaz Mariola Fuentes Raquel David Carrillo David, amigo de Chechu Marisa Porcel Paca
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en IMDb
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Telecinco