miniatura|dereita|Théodore de Banville Théodore Faullain de Banville, nado en Moulins en 1823 e finado en París en 1891, foi un escritor francés.
Traxectoria Fillo dun mariño militar, estudou en París. En 1842 publicou o seu primeiro volume de poesía, Les Cariatides e en 1846 publicou Les Stalactites. Os libros recibiron críticas negativas pero recibiron a aprobación de Alfred de Vigny e Jules Janin. En 1857 publicou Odes Funambulesques (1857). Escribiu tamén comedias en verso para o Théâtre Francais.
Banville foi un dos fundadores do movemento poético coñecido como o parnasianismo, que profesa un amor exclusivo á beleza e oponse á nova poesía realista ou ao romanticismo.
Banville,Théodore Banville,Théodore