Odoario, finado probablemente en 786,Carriedo Tejedo (2023), p.185 foi un bispo de Lugo e Braga entre 740 e 780.
Traxectoria Fuxiu da diocese de Lugo coa chegada dos árabes (716) e volveu en 740 cando a reconquistou Afonso I o Católico. Consérvase o seu primeiro testamento de 15 de maio de 747, no que especifica a doazón a Santa María de Lugo, da cidade e doutros bens e igrexas. Este falso documento foi confeccionado probablemente no século XI. O segundo testamento, de 5 de xuño de 760 relata o seu nomeamento en África e a súa viaxe ata Lugo para reconstruíla e repoboala despois dos ataques musulmáns.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Bispos da diocese de Lugo