A bandeira de Moldova (en ) foi adoptada o 12 de maio de 1990 (antes de proclamarse independente o 27 de agosto de 1991).
Deseño A bandeira de Moldova é tricolor de franxas verticais coas cores azul (xunto ao mastro), amarelo (no centro) e vermello (no exterior). No medio da franxa central, sitúase o escudo nacional (unha aguia suxeitando un escudo coa imaxe dun uro) para distinguila da bandeira de Romanía, que ten os mesmos cores. Até a segunda guerra mundial, Moldova formaba parte de Romanía, e comparte con este idioma e cultura, de aí a similitude das bandeiras.
miniatura|centro|250px|Construción da bandeira
Sistema de cor Azul Amarelo Vermello Marrón VerdePantone293c 109c 186c 4645c 3415c CMYK 97.81.0.0 1.15.100.0 13.100.90.4 28.15.68.7 100.26.86.14 RGB 0-70-174 255-210-0 204-9-47 176-126-91 0-122-80 HTML #0046AE #FFD200 #CC092F #B07E5B #007A50
Diferenza anverso-reverso Xunto coas bandeiras de Paraguai e México, a de Moldova é unha das poucas bandeiras nacionais con anverso e reverso diferentes. Aínda que a lei indica que o reverso da bandeira de Moldova non debe conter o escudo de armas, é habitual atopar bandeiras co anverso e reverso iguais. Até 2010 o deseño da bandeira era o seguinte:
O deseño actual do anverso e reverso do pavillón moldovo é o seguinte:
Bandeiras históricas Antes da bandeira actual, durante a etapa da República Socialista Soviética de Moldova, usábase unha bandeira vermella cunha fouce e un martelo dourados na esquina superior de lado da hasta, cunha franxa horizontal de cor verde no centro, que foi adoptada o 31 de xaneiro de 1952.
Antes desta, a bandeira era vermella coa fouce e o martelo dourados, e cos caracteres РССМ (RSSM en cirílico) escritos tamén en dourado baixo estes.
Outras bandeiras
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Símbolos de Moldova Moldova Categoría:Bandeiras de Moldova Moldova Categoría:Bandeiras con animais