Paul Jozef Crutzen, nado en Ámsterdan (Países Baixos) o 3 de decembro de 1933 e finado o 28 de xaneiro de 2021, foi un químico holandés, gañador do premio Nobel de Química en 1995 polas súas investigacións sobre a incidencia do ozono na atmosfera.

Traxectoria Naceu en Ámsterdam en 1933 e en 1973, estudou enxeñería, en 1958 estabeleceuse en Suecia coa súa familia, traballou na Universidade de Estocolmo ata 1974 e onde obtivo o título de doutor en Meteoroloxía. Traballou na Universidade de Oxford, Inglaterra e no "National Center for Atmospheric Research" (NCAR), Boulder, Colorado, nos Estados Unidos. Desde 1980 foi membro da Sociedade Max-Planck para o avance da ciencia e Director da División de química atmosférica do Instituto Max-Planck, en Maguncia (Alemaña) e desde 1983 director executivo desta mesma institución.

Traballo científico Activista no campo das ciencias ambientais contribuíu, xunto a Mario J. Molina e Frank Sherwood Rowland, á comprensión da formación do buraco da capa de ozono. Os seus estudos sobre as substancias contaminantes permitiron a comprensión do posible cambio climático que padece a Terra, relacionada coa emisión dos Clorofluorocarbonos (CFC) e outros gases organohalóxenos cun desprazamento do equilibrio químico na formación e destrución do ozono estratosférico.

En 1995 foi galardoado xunto a Molina e Rowland, co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a química da atmosfera, especialmente sobre a formación e descomposición do ozono.

Véxase tamén Outros artigos Antropoceno

Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1995 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1995 Paul J. Crutzen en Biografías y Vidas Perfil de Paul J. Crutzen en NNDB A súa páxina web

Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos dos Países Baixos Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Premios Nobel dos Países Baixos Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo