El Emancipador Gallego, foi un periódico galego editado en Santiago de Compostela en 1842.
Historia e características Subtitulada Produciones económicas-administrativas dedicadas a la juventud escolar, aparece co lema "Los escolares del siglo XIX son un poder que ha de regenarar la educación". Apareceu a principios de 1842, de periodicidade irregular, cesou aos poucos meses. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de José Núñez Castaño. Tiña como único redactor a Benito Amor Labrada. Tratábase dunha publicación de carácter científico, abertamente partidaria da liberdade de ensino.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1842 en Galicia