La Provincia foi un xornal editado en Lugo entre 1923 e 1928.
Historia e características Subtitulado Diario de información y de intereses generales, apareceu o 31 de maio de 1923.Teijeira & Torre (1997), p. 121 Imprimíase nos talleres de El Norte de Galicia, na Praza da Constitución nº 10, ao que substituíu como órgano conservador de Lugo. Dirixido por Nilo Fernández Castro e despois por Manuel Amor Meilán, contou coas colaboracións de Francisco Camba (que publicou en folletín a súa novela O terruño), Ánxel Fole (que publicou o seu primeiro artigo con motivo do terceiro centenario da morte de Góngora), Manuel Vázquez Seijas, Manuel Mato Vizoso, Enrique Correa, Francisco Lamas López, Evaristo Correa Calderón e Luís Soto Menor.
Na década dos anos 1920, era o terceiro xornal en Lugo, xunto con El Progreso e La Voz de la Verdad.Teijeira & Torre (1997), p. 122
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Teijeira, Mari Paz; De la Torre, María (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia. Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-110-6
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:1923 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos