Dafydd Benfras (fl. 1230-1260) foi un poeta cortesán galés a quen autores como Sauders Lewis considera un dos meirandes entre os Poetas dos Príncipes (Beirdd y Tywysogion). Dafydd Benfras foi un poeta da corte do reino de Gwynedd e a maioría dos poemas que chegaron ata nós son elexías e poemas de loor aos seus príncipes. Compuxo unha oda a Llywelyn o grande onde celebra as súas batallas e vitorias sobre o rei Xoán I de Inglaterra, e escribiu unha elexía ao fillo de Llywelyn, succesor como Príncipe de Gales, Dafydd ap Llywelyn, cando morreu en 1246.

Véxase tamén

Bibliografía LLOYD-JONES, J. (1948): 'The Court Poets of the Welsh Princes'. En Proceedings of the British Academy.

Categoría:Poetas galeses medievais