The Piano é unha longametraxe dirixida por Jane Campion que foi estreada en 1993. O filme foi escrito e dirixido por Jane Campion, e protagonizado por Holly Hunter, Harvey Keitel, Sam Neill e Anna Paquin. A banda sonora do filme foi interpretada por Michael Nyman e converteuse nun éxito de vendas. Hunter tocou as cancións nas súas escenas, e tamén lle deu clases de piano a Paquin. O filme foi rodado en inglés, maorí e en lingua de sinais.

Sinopse The Piano conta a historia dunha muller escocesa, Ada McGrath (Holly Hunter), cuxo pai a vende en matrimonio a un home, Alistair Stewart (Sam Neill), e é enviada xunto coa súa nova filla Flora (Anna Paquin) e o seu piano a vivir con el a Nova Zelandia. Ada é muda, e non dixo unha palabra dende hai anos, substituíndo a súa voz pola música do piano, mentres que a súa filla lle serve de tradutora na súa comunicación a través da lingua de sinais.

Ada e Flora chegan a Nova Zelandia, sendo abandonadas xunto coas súas pertenzas pola tripulación do barco no que chegaron dende Escocia. O seu novo marido obriga a Ada a deixar o piano na praia, sendo logo vendido a George Baines (Harvey Keitel). A partir de aquí, comeza unha relación entre Ada e George, que marcará o devir da historia.

Premios 1993: 3 Premio Oscar: Mellor actriz (Hunter), actriz secundaria (Paquin), guión orixinal. 8 Nomeamentos. 1993: Globo de Ouro: Mellor actriz drama (Holly Hunter). 6 Nomeamentos. 1993: 3 premios BAFTA: Actriz (Hunter), montaxe, vestiario. 10 Nomeamentos. 1993: 2 premios no Festival de Cannes: Palma de Ouro, mellor actriz (Hunter). 1993: Cesar: Mellor película estranxeira. 1993: National Board of Review: Mellor actriz (Holly Hunter). 1993: 3 premios Círculo de críticos de Nova York: Actriz (Hunter), director, guión.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua maorí Categoría:Filmes en lingua de sinais Categoría:Filmes de Nova Zelandia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes ambientados no Imperio Británico Categoría:Filmes ambientados en Nova Zelandia Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Filmes feministas