Cinema Paradiso (en ) é un filme italiano de 1988 dirixido e escrito por Giuseppe Tornatore. Está protagonizado por Jacques Perrin, Philippe Noiret, Leopoldo Trieste, Marco Leonardi, Agnese Nano e Salvatore Cascio, e foi producido por Franco Cristaldi e Giovanna Romagnoli. A banda sonora é obra de Ennio Morricone, xunto co seu fillo Andrea. Recibiu o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 62ª edición dos premios.
Foi emitido na TVG o 27 de xaneiro de 2007.La Voz de Galicia, 27 de xaneiro de 2007. Páx. 63
Trama É unha historia de amor en torno ao cine como arte e toda a sociedade e mitos que se desenvolven ao ser redor. O filme narra a historia dun neno dun pobo de Sicilia cuxo pasatempo é desfrutar das películas do Cinema Paradiso, pouco a pouco vaise facendo amigo do operador do Cine, Alfredo, a cambio de axuda para superar os exames do ensino para adultos. Tras unha xuventude con accidentes e desamores decide comezar unha nova vida fora do pequeno pobo de Giancaldo. Trinta anos despois e xa cunha carreira de éxito no mundo do cine volve a casa para o enterro de Alfredo.
Actores e personaxes Philippe Noiret como Alfredo Salvatore Cascio como Salvatore Di Vita (neno) Marco Leonardi como Salvatore Di Vita (adolescente) Jacques Perrin como Salvatore Di Vita (adulto) Agnese Nano as Elena Mendola (adolescente) Antonella Attili como Maria (nena) Enzo Cannavale como Spaccafico Isa Danieli como Anna Pupella Maggio como Maria (old) Leopoldo Trieste como Padre Adelfio Nino Terzo como pai de Peppino Giovanni Giancono como alcalde Brigitte Fossey (versión estendida) como Elena Mendola (adulta)
Galardóns 1988: 5 nomeamentos ao Premios David di Donatello: Gañadora á Mellor música. 1989: Premios Oscar: Mellor película en lingua non inglesa. 1989: Globo de Ouro: Mellor película en lingua non inglesa. 1989: Festival de Cannes: Premio Especial do Xurado 1990: 11 nomeamentos aos Premios BAFTA, incluíndo mellor película de fala non inglesa. Gañadora de 5 premios BAFTA.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 62ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes en lingua siciliana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Giuseppe Tornatore Categoría:Filmes con banda sonora de Ennio Morricone Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes ambientados en Sicilia Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes de 1988 con versión en galego