miniatura|dereita|150px|Jules Amédée Barbey d'Aurevilly. miniatura|dereita|Casa natal de Jules Barbey d'Aurevilly.
Jules Amédée Barbey d'Aurevilly, nado en Saint-Sauveur-le-Vicomte o 2 de novembro de 1808 e finado en París o 23 de abril de 1889, foi un escritor francés.
Traxectoria Fillo dunha familia monárquica normanda. Estuda en París e dereito en Caen. En 1833 volta a París e vive como un dandi, escribe relatos e colabora como crítico literario no xornal Constitucionnel en 1845. Defende a Balzac e Baudelaire en 1857 pero ataca Os miserables de Victor Hugo en 1862. En 1871 ingresa na Garda Nacional. A súa obra máis coñecida é Les diaboliques (1874), unha colección de seis relatos, historias de paixóns e crimes, no que as mulleres xogan un papel central.
Véxase tamén Bibliografía Catherine Boschian-Campaner, Barbey d'Aurevilly, París, Seguier, 1989, ISBN 978-2-8773-6027-2. Barbey d'Aurevilly ou le triomphe de l'écriture, Jean-Pierre Thiollet, H & D Editions, 2006 ISBN 2-914-266-06-5
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados no departamento de Mancha Categoría:Nados en 1808 Categoría:Finados en 1889