Carmen Avendaño Otero, nada en Lavadores (Vigo) o 21 de novembro de 1945, é unha muller coñecida pola súa loita contra o narcotráfico en Galicia. É presidenta e coordinadora da fundación Érguete-Integración.Orde do 13 de decembro de 1999, DOG.
Traxectoria miniatura|CIS Carmen Avendaño Otero Foi pioneira na loita integral contra o narcotráfico, denunciando os grandes traficantes e organizando plans integrais de rehabilitación e reinserción. Fundou a Federación Provincial e a Federación Galega de Axuda ó Drogodependente. A partir de 1995 foi concelleira do PSOE no Concello de Vigo e deputada provincial do PSOE en Pontevedra. Tamén foi membro da asemblea xeral de CaixanovaInforme anual 2009 de Caixanova . e do consello de administración do Real Club Celta de Vigo. Segundo o diario El Correo Gallego figuraba no posto 94 na lista dos 125 galegos máis influentes.Artigo en El Correo Gallego .
En 2005 rodouse en Galicia o filme Heroína, protagonizado por Adriana Ozores e baseado na súa historia. Leva o seu nome o Centro de Inserción Social de Vigo, inaugurado en 2006, que acolle condenados que cumpren o terceiro grao ou que fan traballos comunitarios.
Premios Recibiu, entre outros galardóns: Premio Xustiza e Sociedade (1993) Premio Nacional do PSOE Rosa Manzano Premio La Voz de Galicia á Solidariedade (1998) Premio Sardiña de Ouro do Concello de Vigo (1999) Premio Galicia en Feminino (2002) En 2010 a raíña Sofía entregoulle a Cruz de Prata da Orde Civil da Solidariedade Social, como recoñecemento ao seu compromiso persoal en defensa dos mozos afectados pola adicción ás drogas e pola súa actitude decidida de loita contra o tráfico de drogas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, 2005.
Outros artigos Pazo Baión Fariña (libro) Fariña (serie de televisión) Ligazóns externas Asociación Érguete-Vigo . Fundación Érguete-Integración. Ficha de Carmen Avendaño en Vieiros.
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en 1954 Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Activistas de Galicia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Narcotráfico en Galicia