O castro de Abegondo ou Agra do Castro, é un castro situado no lugar do Castro na parroquia de Abegondo, no concello coruñés de Abegondo.

Descrición O castro de Abegondo consta dun recinto fortificado de planta ovalada. Cunha orientación no eixe maior de NL-SO. O eixe maior mide uns 120 metros e o menor uns 100 m. Está defendido basicamente por dous terrapléns con foxo. Conta cun singular sistema de acceso, que se efectúa por medio dunha rampla que cobre o foxo e penetra na croa pasando entre dúas torres ou bastións, situada ao NL.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Abegondo Categoría:Abegondo sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes