O castro de Cos é un castro situado no Barral na parroquia de Cos, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía O castro de Cos consta dun recinto principal fortificado de forma elíptica, defendido por un terraplén interno. Este terraplén ten entre 4 e 6 metros de altura no arco E-S-O e uns 23 de ancho. Nesta mesma zona consérvanse restos dun primeiro foxo duns 4 m de ancho, e que na parte setentrional foi destruído por movementos de terras.

O sistema defensivo complétase cun segundo parapeto, duns 4 metros de alto e 12 de ancho. Está reforzado cun segundo foxo moi deteriorado, do que só se conserva o arco suroriental.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Cos Categoría:Abegondo sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes