O castro de Meangos é un castro situado na parroquia de Meangos, no lugar da Igrexa, no concello coruñés de Abegondo.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado cun pequeno recinto central duns 50 metros de diámetro, defendido por un pequeno terraplén. Está rodeado por un segundo recinto que polo seu lado sur foi destruído pola construción dunha igrexa e o seu cemiterio. Este segundo recinto ten unha forma oval. Está defendido por un parapeto duns 28 metros de anchura e 8 de altura. No arco O-N-L presenta un aterrazamento que chega ós 23 metros de anchura no lado oeste e que se vai pechando cara a parte oriental
As construcións da igrexa destruíron parcialmente o extremo meridional do xacemento. Por riba del pasa unha liña eléctrica de alta tensión.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Meangos Categoría:Abegondo sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes