miniatura|dereita|Luces dun semáforo. O semáforo é un dispositivo de sinalización situado en interseccións de rúas, pasos de peóns e outros lugares para regular o tráfico de vehículos e o tránsito de peóns. O tipo máis frecuente ten tres luces de cores:

Verde, para avanzar, posto que non hai obstáculos. Vermella, para deterse inmediatamente. Amarela, como paso intermedio do verde a vermello, ou precaución se está intermitente.

O amarelo ten un significado distinto se está intermitente (pasar con precaución) ou se está fixo (deterse, se a velocidade é a apropiada para as condicións do tráfico e permite facelo con seguridade).

Véxase tamén Outros artigos Semáforo ciclista

Ligazóns externas Wiki de semáforos

Categoría:Urbanismo