O castro de San Román é un castro situado na parroquia de Cabovilaño, no concello coruñés da Laracha.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado cun parapeto moi alterado, dunha altura exterior de arredor de metro e medio. Na parte sur hai unha zona aterrazada, posiblemente un antecastro.

A instalación de torres de telefonía, edificios de recente construción, canteiras e camiños alteraron gravemente a estrutura.

O conxunto ten planta sensiblemente circular, cuns 180 metros de diámetro máximo.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Ligazóns externas Catálogo de elementos a protexer ou a recuperar. Revisión do PXOM de Abegondo. Outubro 2010

San Román