miniatura|220px|Pregaria no Cairo, obra de Jean-Léon Gérôme (1865) 220px|miniatura|Poboación musulmá mundial por porcentaxe (Pew Research Center, 2009). Musulmán é quen profesa o islam, unha relixión abrahámica monoteísta baseada no Corán, que os musulmáns consideran a palabra literal de Deus revelada ao profeta Mahoma, e, con menor autoridade que o Corán, os ensinos e prácticas atribuídas tradicionalmente a Mahoma. «Musulmán» (en árabe, مسلم) é unha palabra árabe que significa «o que se somete a Deus».

Os musulmáns cren que non hai máis ca un único e verdadeiro Deus que se coñece co nome de Alá. Deus é eterno, trascendente, absolutamente un (a doutrina do tawhid, ou o monoteísmo estrito ou simple), e incomparable, e é autosuficiente, que non procrea nin foi procreado. As crenzas musulmás respecto de Deus resúmense no capítulo 112 do Corán, coñecido como Al-Ikhlas ou «o capítulo da pureza». Os musulmáns tamén cren que o islam é a versión completa e universal dunha fe primordial que se revelou en moitos momentos e lugares antes, incluíndo os profetas Abraham, Moisés e Xesús. Os musulmáns sosteñen que as mensaxes anteriores e as revelacións foron parcialmente modificados ou danados co tempo, pero consideran o Corán como inalterado e a revelación última de Deus.Submission.org, Quran: The Final Testament, Authorized English Version with Arabic Text, Revised Edition IV,ISBN 0-9729209-2-7, p. x.

A maioría dos musulmáns aceptan como musulmán a quen pronuncie publicamente a xahada (profesión de fe) que di: "Non hai ningunha divindade excepto Deus e Muhammad é o profeta de Deus". Tamén cren que Mahoma é o "Selo dos Profetas» e o último profeta. As súas prácticas relixiosas básicas se enumeran nos cinco alicerces do islam, que, ademais da xahada, consisten en oracións diarias (salat), a esmola (zakat), o xaxún durante o Ramadán (Sawm), e a peregrinación á Meca ( hajj) polo menos unha vez na vida.

A maioría dos musulmáns son sunnitas, representando entre un 75 e 90% de todos os musulmáns.Véxase: Eastern Europe Russia and Central Asia "some 80% of the worlds Muslims are Sunni" Sue Hellett;U.S. should focus on sanctions against Iran "Sunnis make up over 75 percent of the world’s Muslim population" Iran, Israel and the United States "Sunni, accounts for over 75% of the Islamic population"

Sunni Islam: Oxford Bibliographies Online Research Guide "Sunni Islam is the dominant division of the global Muslim community, and throughout history it has made up a substantial majority (85 to 90 percent) of that community." A segunda corrente máis grande, é o xiísmo, e representa entre un 10 e 20% dos musulmáns.Véxase:

O país con máis musulmáns é Indonesia, onde vive o 12,7% de musulmáns do mundo, seguido por Paquistán (11,0%), Bangladesh (9,2%) e Exipto (4,9%). Tamén se atopan minorías importantes na India, China, Rusia, Etiopía, América, Australia e partes de Europa. Con preto de 1,8 mil millóns de seguidores, o 26% da poboación mundial,Nearly 1 in 4 people worldwide is Muslim, report says , CNN2010 World Muslim Population pdf Dr. Houssain Kettani January 2010 o islam é a segunda relixión máis grande e unha das que crece máis rapidamente no mundo.Segundo algunhas fontes, é a terceira relixión de máis rápido crecemento despois do zoroastrismo e a fe bahá'í en números relativos e segunda en números absolutos despois do cristianismo. véxase«Israel haven for new Bahai world order», «Fastest Growing Religion »*

Notas