O castro de Valebo, tamén chamado O Outeiro, é un castro situado na parroquia de Castrelo de Miño, no concello ourensán de Castrelo de Miño.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado sen estruturas visibles na actualidade. En superficie atópanse restos de cerámica común castrexo-romana. O lugar de asentamento alcanzaría unhas medidas aproximadas de 250 metros de norte a sur e 125 de leste para oeste, e tería en planta unha forma ovalada. Nos lados norte, leste e oeste a pendente do terreo é bastante acusada.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense
Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Castrelo de Miño. Outubro do 2009.
Valebo