Víctor Manuel Espasandín Facal, nado en Santa Comba, A Coruña, o 16 de marzo de 1985, coñecido deportivamente como Espasandín é un futbolista español, que actúa como defensa no AC Omonia da Primeira División Chipriota.
Historial Espasandín formouse nas categorías inferiores do SD Compostela, onde militou até categoría xuvenil. Entón fichouno o Real Valladolid, militando no seu equipo filial, o Valladolid B, onde tivo un alto rendemento, o que lle levou a ser convocado polo primeiro equipo.O Norte de Castela: Víctor Espasandín perfílase como titular polas baixas na defensa. A tempada 2006/07 foi cedido á SD Ponferradina para xogar en Segunda División.
O verán de 2007, o Valladolid traspasouno ao FC Barcelona, que o incorporou ao seu segundo equipo, o Barcelona B, adestrado por Pep Guardiola, e que logrou o ascenso a Segunda División B.
O 9 de febreiro de 2008 foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo do FC Barcelona por Frank Rijkaard para a disputa do encontro de Liga de Primeira División contra o Sevilla FC, aínda que non chegou a xogar.La Voz de Galicia: O mozo galego Víctor Espasandín entra na convocatoria do Barcelona para xogar en Sevilla.
Durante o verán de 2009 foi un dos 11 xogadores do filial elixidos por Guardiola para realizar a pretemporada en Londres co primeiro equipo.
Ao finalizar o seu contrato co equipo barcelonés, o 30 de xuño de 2010, fichou polo AC Omonia, campión da Primeira División de Chipre.Sport «Roda e Espasandín xogarán no Omonia de Chipre » Consultado o 15 de agosto de 2010.
Notas
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Santa Comba Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do AC Omonia Categoría:Xogadores do Montañeros CF Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do CF Pobla de Mafumet