Juan de Arespacochaga y de Felipe, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de outubro de 1999 foi un enxeñeiro e político español

Traxectoria Naceu en Madrid, no seo dunha familia oriúnda de Biscaia. Era doutor enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Escola de Madrid.

En 1949 incorporouse aos Servizos Hidráulicos do Estado, onde dirixiu as obras da presa de El Vado, na Provincia de Guadalaxara, para o abastecemento de auga a Madrid. En 1958 xa era xefe do gabinete de Estudos Hidráulicos do Ministerio de Obras Públicas. Posteriormente foi nomeado director xeral de Promoción do Turismo e presidente da Empresa Nacional de Turismo de España. En 1971 foi designado procurador nas Cortes franquistas en representación das grandes cidades españolas. En 1976 é ademais nomeado alcalde de Madrid en substitución de Miguel Ángel García-Lomas Mata.

Sendo alcalde, foi ademais designado polo rei Xoán Carlos I como senador, onde se integrou no grupo mixto. Afiliouse a Reforma Democrática, formación que posteriormente se integrou en Alianza Popular, foi relevado da alcaldía en 1978 e substituído por José Luis Álvarez. Non se presentou ás eleccións de 1979 ao Senado, pero si en 1982, cando foi elixido senador pola coalición AP-PDP. Voceiro do Grupo Parlamentario Popular do Senado, en 1983 foi designado membro da delegación parlamentaria española no Consello de Europa. Presidente do consello político de Alianza Popular, e situado no seu sector máis conservador, foi reelixido senador por Madrid en 1986.

Publicou Galicia, esa península. Editora Nacional, Colección Ateneo, 1967.

Categoría:Alcaldes de Madrid Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Personalidades sen imaxes